A HISPANIA PRERROMANA
Durante os mil anos anteriores a Xesucristo diversos pobos se asentaron na Península Ibérica ou tiveron contacto coas xentes que nela vivían:
-
Pobos prerromanos. Podemos diferencias fundamentalmente dous:
-
Os Celtas ( no Norte ), que proviñan do centro de Europa, pobos indoeuropeos que introduciron o uso do ferro e novas técnicas agrarias, misturándose cos pobos indíxenas. Eran os lusitanos , cántabros, astures e galaicos
-
Os Iberos ( no Sur e costa mediterránea ), que xa tiñan escritura propia e unas manifestacións artísticas moi avanzadas ( p.ex. a Dama de Elx ).
Dama de Elx
Bicha de Bazalote ( Albacete )
-
Mención especial ten Tartesos, primeiro estado organizado na península e que xa tivo contactos cos pobos acolonizadores do Medietrráneo Oriental.
-
-
As colonizacións. Efectivamente, desde o Mediterráneo oriental chegaron fenicios, gregos e cartaxineses, na busca fundamentalmente de metais. Fundaron colonias na costa mediterránea sobre todo, ainda que chegaron ata Galicia ( preto de aquí, en Aguiño – Ribeira – temos restos dun porto fenicio de máis de 2500 anos )
-
Colonias Fenicias: Malak, Abdera, Gadir, Sexi, Sagunto
-
Colonias Gregas: Rhode, Emporion, Hemeroskopeion, Akra Leuke, Mainake
-
Colonias Cartaxinesas: Ebussus, Cartago Nova
A cultura castrexa.
O idade do ferro en Galicia identífícase cos castros: poboados fortificados de planta ovalada ou circular rodeados de murallas , terrapléns e foxos, e localizados en lugares fácilmente defendibles.
As vivendas soen ser circulares, ovaladas e, con menso frecuencia, rectangulares. A pesares de que cando vemos un castro, nun principio a disposición das vivendas nos parece caótica, gardan unha orde, con rúas e barrios, incluso prazas.
A súa economía baseábase na agricultura ( cereais, landras, legumes …) e gandería ( vacas, ovellas, cabras, porcos, cabalos). Na costa tamén se adicaban á pesca e marisqueo. Tamén tiñan artesanía, incluso metarlúrxica, o que fixo que tiveran contactos cos pobos colonizadores do Mediterráneo.
Visita ao Museo virtual da cultura castrexa
-
Posted on 14 de Setembro de 2012, in 1º ESO, Historia and tagged Roma. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0