4. A ECONOMÍA
Coma en Grecia, Exipto ou Mesopotamia, na civilización romana a economía estaba baseada no traballo escravo, era un sistema escravista.
As actividades económicas máis importantes eran:
-
As actividades agrícolas e gandeiras. Os produtos básicos eran os cereais ( base da alimentación ), a vide, a oliveira, así coma hortalizas e froitas. O imperio romano estaba organizado de tal xeito que cada zona territorial adicábase a certos productos concretos que despois eran exportados a Roma. Pensa que a capital do imperio tiña máis dun millón de habitantes ( algún datos indican que chegou a ter case 2 millóns: e non producían alimento, tiñan que importalo ). Así, por exemplo, o graneiro de Roma era Exipto ( trigo ) ou importaba a maior parte do aceite da Bética ( a actual Andalucía ). A terra era traballada por pequenos campesinos, pero a maioría estaba en mans de grandes propietarios que traballaban os latifundios con man de obra escrava.
-
Artesanía e minería, con traballo escravo. Son famosas as Médulas ( no Bierzo, provincia de león ), antigas minas romanas de ouro.
-
As riquezas do Imperio, a tranquilidade e a moeda única imposto por este e as vías de comunicación ( as calzadas romanas e o dominio do Mediterráneo ) permitiron un enorme desenvolvemento das actividades comerciais: metais, productos agrícolas, escravos, artesanías ( tecidos, cerámica , …)
Posted on 14 de Setembro de 2012, in 1º ESO, Historia and tagged Roma. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0