3. A HISTORIA
-
Monarquía ( 753 a.C. – 509 a.C. ) Desde a súa fundación, en Roma houbo 7 reis ( 4 latinos e 3 etruscos ). As famlias aristocráticas ( nobles: os patricios ) elexían ao rei nunha asamblea popular : os comicios, e asesoraban ao rei mediante un órgano político: O Senado. Os plebeos, a maioría da poboación, non tiñan dereitos políticos, ainda que eran libres. Os escravos nin eran libres nin tiñan ningún dereito.
-
República ( 509 a.C. – 27 a.C.) No 509 a.C. os romanos depuxeron aos reis etruscos e fundaron un novo sistema político: a República aristocrática, dominada polos patricios. Aos comicios e o Senado uniuse a figura do maxistrado: cónsul ( exército ), pretor ( xustiza ), censor ( comicios ), …
Os plebeos foron conseguindo dereitos políticos, polo que se crearon novas maxistraturas plebeas: tribuno da plebe e os edís plebeos, ademáis de conseguir que se recipilaran as leis por escrito ( Código das 12 táboas ) para evitar os abusos por parte dos patricios.Na época da República Roma expandiuse, como se ve neste mapa:
Pero o extenso Imperio, aparte de proporcionar enormes riquezas, causou grandes problemas sociais, sobre todo aos campesinos obrigados a militar no exército. Así, no S I a.C. houbo varios guerras civís que debilitaron a república. Os xenerais Pompeio, Xulio César e Craso tomaron o poder ( 1º Triunvirato ) ata que despois de liortas entre eles só quesou Xulio César, asesinado no 44 a.C.
Formouse así o 2º
Triunvirato: Octavio, Marco Antonio e Lépido .
-
Imperio ( 27 a.C. – 476 d.C. ) Octavio venceu e autoproclamouse:
-
Princeps ( cidadán principal )
-
Augusto ( nomeado polos deuses e un deus en si mesmo )
-
Imperator ( xefe do exército )
-
Estableceuse así o Imperio, no cal o emperador tiña todo o poder. Ata o S II d.C. Roma conseguiu unha época de paz e estabilidade : a Pax Romana. Nela establecéronse os límites do Imperio ( limes ) cos pobos bárbaros, organizopuse en provincias cun gobernador e todo o territorio conquistado sufriu un profundo proceso de romanización: todos os habitantes do imperio adoptaron a lingua, cultura, costume, organización social, económica e política, relixión, …. romanas. Protagonista principal deste proceso de romanización, e realmente de toda a vida romana, eran as cidades, comunicadas por calzadas: Todos os camiños levan a Roma. Incluso polo mar: o Mediterráneo era chamado Mare Nostrum polos romanos, xa que o seu imperio abarcaba todas as beiras do “noso mar “.
Imaxe: Edit. Santillana
Posted on 14 de Setembro de 2012, in 1º ESO, Historia and tagged Roma. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0