2. O MITO
Conta o poeta Virxilio- na epopeia A Eneida – que o príncipe Eneas se salvou cando os gregos ( Aquiles, Ulises, Agamenón, …) conquistaron Troia aló polo século XII a.C Tras unha longa peregrinación, chegou ao Lacio ( na Península Itálica ). Alí, ás beiras do Río Tíber, casou cunha filla do rei Latino (de aí colleu o seu pobo o nome de Latinos ). Os seus descendentes viviron – e reinaron – no lugar. Séculos mais tarde, Rhea Silva, unha vestal ( As vestais eran 6 sacerdotisas virxes que gardaban o lume sagrado da deusa do fogar Vesta ) descendente de Eneas, foi seducida por Marte ( tamén chamado Ares, deus da guerra ) cando ia na busca de auga ao rio Tíber. Desta unión naceron dous xemelgos: Rómulo e Remo, que foron abandonados nunha cesta no rio. Os rimáns foron salvados por unha loba enviada por Marte. Esta amamantounos ata que uns pastores os atoparon e criaron.
A lenda conta que no ano 753 a.C. os irmáns fundaron a ciadade de Roma ás beiras do rio Tíber. Tiveron unha disputa sobre o lugar de fundación: Rómulo decía que os augurios indicaban o Palatino e Remo aseguraba que os presaxios o facían no Aventino. Nesta liorta Rómulo matou a Remo, converténdose no primeiro rei de Roma. Este era o sacrifico sanguiñento que precisaba a fundación de Roma: a partires de agora aquel que ousara desafiar as leis de Roma, sufriría as consecuencias.
Ante a escaseza de mulleres, Rómulo invitou a un pobo veciño- os sabinos – a unha festa, aproveitando a ocasión para raptar ás mulleres ( o Rapto das Sabinas ). Tras unha tregua entre ambos pobos, os sabinos integráronse en Roma.
Posted on 14 de Setembro de 2012, in 1º ESO, Historia and tagged Roma. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0