5. A IDADE DOS METAIS

Poboado da Idade do Bronce

Arredor do 4.000 a.C., e nos lugares onde se desenvolveu a agricultura, comenzouse a usar obxectos de metal, peimeiro de cobre, logo de bronce ( unha aleación de cobre e estaño ) e por último de ferro. Nesta época, algunhas civilizacións como as de Mesopotamia ou Exipto ( no Indo e na China un pouco máis tarde ) inventaron xa a escritura, entrando de cheo na Historia.

Nesta Idade dos Metais volve seguen a medrar os cambios con respecto a etapas anteriores:

  • A economía seguía a basearse na agricultura e na gandería. Inventos como o arado foron toda unha revolución.

  • A artesanía seguiu mellorando técnicas de tecido ( teares ), da cerámica ( co torno ) e, sobre todo do metal ( forxas e fundicións ).Este último mellorou os útiles domésticos e agrícloas, así como as armas.

  • Aumentou o desevolvemento do comercio ( había máis contacto cos pobos “estranxeiros”). Abríronse rutas comerciais na busca de metais e outros produtos, sobre todo grazas a un invento que mellorou as comunicacións : a roda. O comercio faciase nun primeiro momento con trocos de produtos para pasarse a usar posteriormente a moeda.

  • A acumulación de riquezas seguiu aumentando, de tal xeito que as diferenzas sociais que o excedente agrario fixo xurdir no Neolítico van aumentar agora:

    •  Aparece o poder político: os grupos máis poderosos, os que gobernaban, eran os que máis riquezas tiñan.

    • Organízase un exército para defender as riquezas acumuladas pero tamén para acadar as doutros grupos.

    • Así, as cidades foron rodeadas por murallas e torres defensivas.

 

Na Península Ibérica xurdiron culturas metalúrxicas, sobre todo no sur como Los Millares ( Almería, co traballo do cobre ) ou  El Argar ( no SL, coa metalurxia do bronce ). Coa metalurxia, os pobos peninsulares mantiveron contacto con civilizacións mediterráneas máis avanzadas como a fenicia ou a grega.

Durante a Idade dos metais hai en Galicia tres tipos de restos históricos que aparecen por calquera curruncho da nosa paisaxe: mámoas, petróglifos e castros.

MEGALITISMO

( de mega – grande – e lithos –pedra )

                É un fenómeno que aparece por toda Europa e outros lugares en torno ao 4.300 a.C. no momento en que o home pasa a ser sedentario e agricultor. Cando no Paleolítico os grupos humanos se movían por amplos territorios na busca de alimento era imposible construir estes monumentos, xa que requiren o emprego unha enorme cantidade de esforzo e horas de traballo para construir estes monumentos ( extraer as lousas de pedra, transportalas, construir o megalito …).

En Europa temos exemplos de arquitectura megalítica como os crómlech ( aliñamentos de pedras ou menhires ): Stonehenge ( Gran Bretaña ) ou os aliñamentos de Carnac (Francia ), de ata máis de 1 km de longo.

Stonehenge ( Gran Bretaña )

Aliñamentos de Carnac

O monumento megalítico máis común en Galicia é a mámoa: túmulo ou montículo de terra qe recubre un monumento de pedra no seu interior, normalmente un dolmen ( “ mesa de pedra “). Eran empregadas como lugares de enterramento: depositábase o morto acompañado de obxectos da vida cotiá ( frechas, machadas, colares …) e recipientes de cerámica con comida. P.ex. no domen de Dombate aparecen restos dun cocido case como o actual. Alí onde había grupos de mámoas ou outros monumentos megalíticos, era indicación da existencia de gupos humanos na zona.

CONSTRUCIÓN DUNHA MÁMOA

Dolmen de Dombate

Outros monumentos megalíticos son os menhires ou pedrafitas. O  máis coñecido de Galicia é a Lapa de Gargantás ( Moraña )

Lapa de Gargantáns

 Neste enlace podes localizar os monumentos megaliticos de Galicia: Mapa Megalitismo

Nas illas Baleares temos tamén mostras dunha arquitectura megalítica diferente á galega: as taulas, talayots ( torres defensivas ou de vixiancia ) e as navetas ( enterramentos colectivos ).

 PETRÓGLIFOS

 Arte rupestre (3.000 – 1.700 a.C.: Idade do Bronce) que consiste nun conxunto de representacións gravadas nas rochas, seguramente con fins máxicos ou rituais. Aquí en Galicia temos unha ampla concentración de petróglifos nas Rías Baixas. Existen dous tipos de motivos:

  • Xeométricos, poderiamos decir que abstractos: cazoletas, círculos, labirintos,…

  • Naturalistas: esceas con animais, figuras humanas e armas.

CASTROS

A cultura castrexa ( Idade do Ferro ), da que falaremos no momento en que o Imperio Romano conquista o espazo galaico ( Gallaecia ).

Castro de Baroña

MÁIS VÍDEOS

Advertisements

Posted on 4 de Abril de 2012, in 1º ESO, Historia and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: