1. A EVOLUCIÓN HUMANA: O PROCESO DE HOMINIZACIÓN
Pertencemos ao grupo dos primates. Polo tanto ao grupo dos monos …. Pero iso non significa que veñamos do mono. ¡Nooon! Nós non vimos do mono, senon que evolucionamos a partir de especies xa desaparecidas. Separámonos da liña evolutiva dos chimpancés hai entre 4,5 e 7 millóns da anos (m.a.). O primeiro homínido como tal é o Ardipithecus Ramidus, ao que corresponde coa imaxe ( unha femia ) se premes no seu nome: mírate nela e busca semellanzas e diferenzas contigo mesmo.
Nese proceso evolutivo o ser humano acadou unha serie de sinais de identidade, os rasgos que distinguen á nosa especie e que xuntos nos levan á máis importante – a intelixencia – son:
-
Un modo de camiñar bípedo. Camiñar erguidos fai que gastemos menos enerxía, que teñamos máis resistencia en distancias longas, que recibamos menos radiación solar, que teñamos máis campo de visión e que podamos transportan cousas coas más e brazos ( armas, alimento, crías, …)
-
Cerebro moi desenvolvido en volume
-
Capacidade para fabricar instrumentos e facer uso do lume.
-
Unha linguaxe articulada
-
Unha infancia prolongada, que supón un longo período de aprendizaxe
Fagamos unha pequena viaxe a través da evolución humana. Só falaremos das especies maís significativas pero debes saber que hai algunha máis e moitos fósiles humanos que fan difícil o estudio da evolución dos homínidos. Aquí tes algúns:
Si queres ver os principais restos de homínidos preme aquí:
Principais fósiles de homínidos
Os primeiros antepasados do home apareceron en África hai uns 4,4 m.a. ( Ardipithecus ramidus ) e vivían de xeito parecido a como o fan hoxe en día os chimpancés.
AUSTRALOPITHECUS
Pouco despois apareceu unha nova especie de homínidos que viviu entre hai 4 e 2 m.a.: o Australopithecus ( que significa mono do sur ),que xa andaba erguido e vivía en lugares máis abertos que a selva: na sabana e pequenos bosques. Medía entre 1 e 1,35 m, chegando a pesar 45 kg e cunha capacidade craneal de 450 cm3. Exemplares famosos desta especie son o Neno de Taung e Lucy.
HOMO HABILIS
Hai uns 2 m.a. apareceu o Homo Habilis. Medía entre 1,20 e 1,50 m e tiña unha capacidade craneal de 700 cm3. O homo Habilis comenzou a consumir carne e necesitaba cortar a grosa pel dos animias, a súa carne, os seus tendóns e romper os seus ósos. Así, fabricou sinxelas ferramentas de pedra tallada a base de golpes.

HOMO ERECTUS
Máis tarde, hai un 1,5 m.a. viviu o Homo Erectus, máis robusto ( 1,70 m ) e con máis volume cerebral ( 900 cm3) mellorou a talla desas ferramentas e comenzou a usar o lume.
Industria Modo 2 ou Achelense
E chegou o momento en que o Homo saiu de África hai máis dun millón de anos rumbo Asia primeiro e Europa despois. De feito, un dos restos fósiles dun homínido máis antigos atopado en Europa foi os do Homo Antecessor ( uns 800.000 anos ), no xacemento de Atapuerca ( Burgos ). En Galicia non contamos con fósiles humanos tan antigos. Quizáis o de máis idade son os atopados na Cova de Eirós ( Triacastela – Lugo ), que teñen uns oito ou nove mil anos. Según as ferramentas de pedra tallada que apareceron, a presenza humana en Galicia pode remontarse a máis de 500.000 anos.

NEANDERTHAL
Os Neanderthais existiron en Europa hai uns 230.000 anos, sendo posiblemente unha especie humana autóctona. Usaban o lume e enterraban aos seus mortos.
“Os neandertais non eran os seres brutais e simiescos, incapaces de camiñar ergueitos, que gran parte do público supón. Eran fortes e á vez hábiles recolectores de produtos vexetais, cazadores e carroñeiros. Dispoñían dunha ampla variedade de útiles de pedra moi refinados. Usaban o lume sistemáticamente, coidaban dos seus anciáns e impedidos, e enterraban aos seus mortos. (…) Os neandertais non eran moi altos, cun promedio de estatura masculino en torno a 170 cm e un promedio feminino arredor de 160 cm. Sin embargo, a súa complexión física era extraordinariamente robusta.(…) En promedio os neandertais pesaban 70 kg, mentras que a media da nosa especie sitúase en torno aos 58 kg (un 24% menos). (…)Os neandertais non tiñan un cerebro menor que o noso, sinon máis voluminoso; o seu promedio era duns 1.500 cc, mentras que na actualidad a media calculada entre todas as poboacións rondará os 1.350 cc” ( Arsuaga,J.L.,e Martínez I. : A especie elexida )
Os humanos modernos ( Homo Sapiens )teñen a súa orixe en África hai entre 300.000 e 100.000 años. A partir deste berce africano, a nosa especie expandiuse polo resto de Europa e reemplazou a Neandertais e Homo erectus. De feito neanderthais e Homo sapiens “conviviron” durante uns 10.000 anos.
Aparecerá a arte en forma de figuras de animais e persoas, e de pinturas e grabados rupestres, xunto cunha nova técnica de tallado e elaboración de útiles:
Posted on 3 de Abril de 2012, in 1º ESO, Historia and tagged evolución humana, prehistoria. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0