Daily Archives: 16 de Febreiro de 2012

O tempo histórico

O TEMPO HISTÓRICO

A  Historia é a ciencia que estudia e dá a coñecer o pasado da especie humana desde que esta apareceu no noso planeta. Non só atende aos feitos ou acontecementos que homes e mulleres coñeceron e viviron, senon tamén aos procesos, á evolución dos mesmos, ata chegar ata o presente, intentando comprendelo. Nunca saberemos cara onde nos diriximos sen coñecer de onde vimos.

E todo ocorre nunha dimesión xeográfica, espacial: en algures o home e a muller traballa, caza, vive, loita. Os feitos históricos sempre ocorre en tal ou cual lugar: África primeiro, Mesopotamia, Exipto ou a India despois, a Grecia de Pericles e a Roma dos césares, a Europa das catedrais, …..

E todo pasa, vai pasando, nunha dimesión temporal: o tempo transcurrido. Todos sabemos que é o tempo, … pero o difícil ( imposible?) é explicalo.

Sesenta segundos fan un minuto; sesenta minutos completan unha hora; 24 horas – as necesarias para que a Terra dea unha volta sobre si mesma – enchen un día que, un tras outro, van dando paso ás semanas e aos meCses; unha ducia destes suman un ano, o que o noso planeta tarda en dar unha volta arredor do Sol; cinco anos son un lustro, dez son un decenio, cen un século, e mil un milenio.

 

O CALENDARIO

O calendario é esa táboa que todos usamos na que aparecen os días, semanas e meses do ano. A súa orixe tal e como hoxe o coñecemos está en Xulio César, que no 46 a.C. dividiu o ano en 365 días de 24 horas divididos en 12 meses. Engadíase un día máis cada 4 anos: é o ano bisesto. Recibe o nome de calendario Xuliano.

En 1582 o Papa Gregorio XIII fixo pequenos axustes a este calendario: calendario gregoriano,  o usado hoxe en día.

AS ERAS HISTÓRICAS

Para contar os anos necesitamos un punto fixo de referencia; a ese punto chamámoslle Era. As dúas Eras máis importantes e coñecidas son:

  • Era cristiana. A que se soe usar en todo o mundo na actualidade. Toma coma punto de partida o nacemento de Cristo ( ano 1 da Era Cristiana ). Todos aqueles acontecementos que tiveron lugar antes desa data aparecen con a.C. ( antes de Cristo ).
  • Era musulmana ou héxira. Comeza no ano 622 da era cristiana, ano da fuxida de Mahoma de A Meca a Medina. Para convertir os anos da era musulmana á cristiana, debemos ter en conta que os musulmáns seguen o calendario lunar, polo que os anos teñen 354 días ( 11 menos que o ano solar).

 

AS ETAPAS HISTÓRICAS

A cronoloxía determina a orde temporal en que aconteceron os feitos históricos. Isto favorece o estudio da historia, fai máis fácil a súa comprensión. E non só situando os feitos no tempo, senon que tamén encradrándoos en períodos ou “ etapas históricas” de similares características.

A primeira división é a determinada pola existencia de documentos escritos, da escritura:

  • Prehistoria: non hai fontes escritas, senon que podemos estudiar a historia sóa a traves de fontes arqueolóxicas, restos físicos que a humanidade foi deixando: restos óseos, utensilios varios, armas, cerámica, pintura  escultura, arquitectura …
  • Historia: a escritura como forma de comunicación naceu hai entre 5 e 6.000 anos en Mesopotamia e Exipto. Favoreceu definitivamente o estudio dos feitos históricos.

Cada un destes períodos subdivídese en etapas de similares características sociais, económicas, políticas, culturais, artísticas ….

 

Etapa

Ano de comenzo

Feito que marca o inicio

Características

PREHISTORIA

PALEOLÍTICO

2.000.000 a.C.

Orixe do home

Idade da pedra tallada.

Etapa depredadora: os recursos obtéñense directamente da natureza a través da caza, pesca e recolección.

NEOLÍTICO

9.000 a.C.

Agricultura e gandería

Idade da pedra pulimentada.

Comenza a etapa productiva: agrícola e gandeira

IDADE DOS METAIS

4.500

Cobre

Nuns lugares xa están en pleno periodo histórico ( Mesopotamia, Exipto), mentras que outros aíns están na Prehistoria ( a península Ibérica e Galicia, p.ex. )

2.200

Bronce

1.500

Ferro

HISTORIA

IDADE ANTIGA

4.000 a.C.

Aparición da escritura

As primeiras civilizacións mesopotámica e exipcia. Desenvolvemento das civilizacións grega e romana. Etapa de economía escravista

IDADE MEDIA

476 d.C.

Caída do Imp. Romano

Época do feudalismo, dos señores e campesiños, de cabaleiros e vasalos, da expansión do cristianismo, do nacementos dos reinos europeos.

IDADE MODERNA

1453 d.C.

O imperio turco conquista Constantinpla

Europa conquista o mundo, os reis teñen poder absoluto, a economía comercial toma auxe.

1492 d.C.

Desc. de América

I. CONTEMPORÁNEA

1.789 d.C.

Revolución Francesa

O mundo transfórmase:

etapa industrial e capitalista,

sociedade de clases, liberalismo.

Si queres saber máis ….

Cronoloxía da tecnoloxías da medición do tempo

Atlas histórico mundial interactivo desde o 3000 a.c.