O tempo histórico
O TEMPO HISTÓRICO
A Historia é a ciencia que estudia e dá a coñecer o pasado da especie humana desde que esta apareceu no noso planeta. Non só atende aos feitos ou acontecementos que homes e mulleres coñeceron e viviron, senon tamén aos procesos, á evolución dos mesmos, ata chegar ata o presente, intentando comprendelo. Nunca saberemos cara onde nos diriximos sen coñecer de onde vimos.
E todo ocorre nunha dimesión xeográfica, espacial: en algures o home e a muller traballa, caza, vive, loita. Os feitos históricos sempre ocorre en tal ou cual lugar: África primeiro, Mesopotamia, Exipto ou a India despois, a Grecia de Pericles e a Roma dos césares, a Europa das catedrais, …..
E todo pasa, vai pasando, nunha dimesión temporal: o tempo transcurrido. Todos sabemos que é o tempo, … pero o difícil ( imposible?) é explicalo.
Sesenta segundos fan un minuto; sesenta minutos completan unha hora; 24 horas – as necesarias para que a Terra dea unha volta sobre si mesma – enchen un día que, un tras outro, van dando paso ás semanas e aos meCses; unha ducia destes suman un ano, o que o noso planeta tarda en dar unha volta arredor do Sol; cinco anos son un lustro, dez son un decenio, cen un século, e mil un milenio.
O CALENDARIO
O calendario é esa táboa que todos usamos na que aparecen os días, semanas e meses do ano. A súa orixe tal e como hoxe o coñecemos está en Xulio César, que no 46 a.C. dividiu o ano en 365 días de 24 horas divididos en 12 meses. Engadíase un día máis cada 4 anos: é o ano bisesto. Recibe o nome de calendario Xuliano.
En 1582 o Papa Gregorio XIII fixo pequenos axustes a este calendario: calendario gregoriano, o usado hoxe en día.
AS ERAS HISTÓRICAS
Para contar os anos necesitamos un punto fixo de referencia; a ese punto chamámoslle Era. As dúas Eras máis importantes e coñecidas son:
- Era cristiana. A que se soe usar en todo o mundo na actualidade. Toma coma punto de partida o nacemento de Cristo ( ano 1 da Era Cristiana ). Todos aqueles acontecementos que tiveron lugar antes desa data aparecen con a.C. ( antes de Cristo ).
- Era musulmana ou héxira. Comeza no ano 622 da era cristiana, ano da fuxida de Mahoma de A Meca a Medina. Para convertir os anos da era musulmana á cristiana, debemos ter en conta que os musulmáns seguen o calendario lunar, polo que os anos teñen 354 días ( 11 menos que o ano solar).
AS ETAPAS HISTÓRICAS
A cronoloxía determina a orde temporal en que aconteceron os feitos históricos. Isto favorece o estudio da historia, fai máis fácil a súa comprensión. E non só situando os feitos no tempo, senon que tamén encradrándoos en períodos ou “ etapas históricas” de similares características.
A primeira división é a determinada pola existencia de documentos escritos, da escritura:
- Prehistoria: non hai fontes escritas, senon que podemos estudiar a historia sóa a traves de fontes arqueolóxicas, restos físicos que a humanidade foi deixando: restos óseos, utensilios varios, armas, cerámica, pintura escultura, arquitectura …
- Historia: a escritura como forma de comunicación naceu hai entre 5 e 6.000 anos en Mesopotamia e Exipto. Favoreceu definitivamente o estudio dos feitos históricos.
Cada un destes períodos subdivídese en etapas de similares características sociais, económicas, políticas, culturais, artísticas ….
|
Etapa |
Ano de comenzo |
Feito que marca o inicio |
Características |
PREHISTORIA |
PALEOLÍTICO |
2.000.000 a.C. |
Orixe do home |
Idade da pedra tallada. Etapa depredadora: os recursos obtéñense directamente da natureza a través da caza, pesca e recolección. |
NEOLÍTICO |
9.000 a.C. |
Agricultura e gandería |
Idade da pedra pulimentada. Comenza a etapa productiva: agrícola e gandeira |
|
IDADE DOS METAIS |
4.500 |
Cobre |
Nuns lugares xa están en pleno periodo histórico ( Mesopotamia, Exipto), mentras que outros aíns están na Prehistoria ( a península Ibérica e Galicia, p.ex. ) |
|
2.200 |
Bronce |
|||
1.500 |
Ferro |
|||
HISTORIA |
IDADE ANTIGA |
4.000 a.C. |
Aparición da escritura |
As primeiras civilizacións mesopotámica e exipcia. Desenvolvemento das civilizacións grega e romana. Etapa de economía escravista |
476 d.C. |
Caída do Imp. Romano |
Época do feudalismo, dos señores e campesiños, de cabaleiros e vasalos, da expansión do cristianismo, do nacementos dos reinos europeos. |
||
IDADE MODERNA |
1453 d.C. |
O imperio turco conquista Constantinpla |
Europa conquista o mundo, os reis teñen poder absoluto, a economía comercial toma auxe. |
|
1492 d.C. |
Desc. de América |
|||
I. CONTEMPORÁNEA |
1.789 d.C. |
Revolución Francesa |
O mundo transfórmase: etapa industrial e capitalista, sociedade de clases, liberalismo. |
Si queres saber máis ….
Cronoloxía da tecnoloxías da medición do tempo
Atlas histórico mundial interactivo desde o 3000 a.c.
Posted on 16 de Febreiro de 2012, in 1º ESO, Historia. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0