Factores da temperatura

  • 1º factor. A altitude

A temperatura baixa a medida que se sobe en altura, a razón de 1ºC (días moi secos) e de entre 0,6ºC (cando hai condensacións e precipitacións) cada 100 metros que se sobe en altura. Isto é así porque nas baixas altitudes a calor retense mellor.

  • 2º factor: Latitude.

A temperatura vai baixando a medida que nos imos alonxando do Ecuador cara aos Polos.

A causa é a inclinación do eixe de rotación, que  fai que a inclinación dos raios solares sexa diferente segundo o lugar da Terra:

  • Máis verticais: máis preto do Ecuador [maior temperatura

  • Máis inclinados: máis preto dos Polos [menor temperatura

  • 3º factor: Estacións do ano

                          A inclinación da Terra con respecto ó Sol, tamén fai que nas diferentes estacións a insolación sexa diferente debido á diferente inclinación dos raios solares. Isto fará que as temperaturas sexan maiores no verán do H.N. e menores no inverno do H.N. ( ó revés no H.S.)

  • 4º factor: Proximidade ó mar.

                         A auga necesita maior cantidade de calor que a terra para acadar a mesma temperatura, pero unha vez quente, a auga tarda máis en arrefriar.

Así, o mar rebaixa considerablemente as temperaturas extremas, e fai que os lugares sometidos á súa influencia teñan invernos maís menos fríos e veráns menos calurosos. Deste xeito, o mar actúa coma un regulador da temperatura.

As zonas máis próximas ao mar teñen unhas temperaturas máis suaves, cunha  Amplitude Térmica menor. Nas zonas interiores ocorre ao revés: a amplitude térmica entre o día e a noite ou entre o verán e o inverno é maior

  • 5º factor: As correntes mariñas.

As correntes mariñas teñen moita influencia sobre os climas da Terra:

  • Suavizan o clima:por  exemplo a corrente do Golfo suaviza o clima de toda a costa atlántica de Europa

  • Desertizan o clima: por exemplo, o deserto costeiro de Atacama en Sudamérica está influído  decisivamente pola corrente fría de Humboldt, ou o de Namibia pola corrente fría de Benguela

  • Provocan certos trazos de dureza coma fortes vagas de frío (por exemplo, na costa leste de EE.UU grazas á corrente fría de Labrador ou no Xapón pola corrente de Oya-Chivo).

Advertisements

Posted on 12 de Febreiro de 2012, in 1º ESO, xeografía and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: