2.- TEMPO E CLIMA
TEMPO E CLIMA
Tempo (atmosférico): estado da atmosfera nun lugar e momento concretos. P.ex.: Hoxe en A Coruña o tempo é chuvioso.
A meteoroloxía estuda os fenómenos atmosféricos (vento, chuvia,neve, saraiba…) e o mecanismo que os produce, intentando a súa predición.
Clima: sucesión dos diferentes tipos de tempo durante, como mínimo, un ano. P.ex.: O clima de Galicia é oceánico.
A climatoloxía é a ciencia que o estuda.
Diferenza entre tempo e clima: En A Coruña e Río de Xaneiro pode facer o mesmo tempo (P.ex.: chuvioso, frío, soleado,…), pero iso non quere dicir que teñan o mesmo clima (A Coruña: temperado oceánico; Río de Xaneiro: tropical)
Preme nas imaxes
- O clima sería coma unha película dos diferentes tipos de tempo.
- A que se refire cada personaxe?
- Que personaxe está errado?
Posted on 12 de Febreiro de 2012, in 1º ESO, xeografía and tagged Clima, Tempo. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0