Daily Archives: 28 de Decembro de 2011
4. AS AUGAS CONTINENTAIS
-
Os ríos:
-
Os ríos son correntes de agua continua con máis ou menos caudal que vai desembocar noutro río ( neste caso sería afluente ), nun lago, nun mar ou nun océano.
-
Podemos dividir o curso dun río en 3 partes ( curso alto , medio, baixo ), que se corresponde co ciclo erosivo. Podémolo ver nesta imaxe:
-
Conceptos relacionados:
* Cauce: leito por onde discorre a auga dun río .
* Caudal:Volumen de agua que flúe.
* Conca: territorio percorrido polas augas dun río e os seus alfuentes. P.ex: O río Sil pertence á conca do Miño.
* Vertente: lugar ou zona cara a cal discorre un río, normalmente un mar ou océano.P.ex: o río Ulla discorre cara a vertente atlántica
-
Lagos: Son acumulacións de auga en depresións da superficie terrestre. Esta depresións poden ser provocadas por erosión dun glaciar ou de orixe tectonica ( movementos das placas litosféricas que fan que unha zona se levante e outra se afunda ), no cráter dun volcán inactivo, … As súas augas proceden de ríos, desxeo dun glaciar ou de acuíferos subterráneos. Soen ter, por tanto, auga doce. Pero hai casos nos que a auga é salobre ( con máis salinidade ca auga doce, pero non tanta como a mariña ). Este é o caso do Mar de Aral ou o Caspio.
-
Acuíferos: augas subterráneas, augas acumuladas baixo terra. Pensa: ¿de onde obteñen unha boa parte das casas das nosas aldeas a auga?
-
Glaciares: grandes acumulacións de xeo, que ás veces se converten en verdadeiros “ríos” de xeo. Na súa maioría atópanse preto dos polos ( na Antártida ou Groenlandia, p.ex.) ou nas altas montañas ( Himalaia, Alpes, …)
Preme nas imaxes