O mundo según @s alumn@s de 1º ESO
Este texto está baseado nas respostas que deron @s meus alumn@s nas probas desta primeira avaliación. Hai risas irónicas e sarcásticas, crueis e casi macabras. Pero só pretendo que esta sexa un sorriso limpo e reflexivo.
Nota: Fixémonos nas faltas de ortografía, poños as palabras tal e como foron escritas.
O mundo según @s alumn@ de primeiro.
Para localizarnos na superficie do noso planeta temos as liñas imaxinarias e as coordenadas xeográficas. Será fácil que nos perdamos si pensamos que “ os paralelos e meridianos son os que dividen a terra de polo a polo, é decir, que percorren a terra de a rriba a baixo” ou que nos conxelemos si “Os meridianos son liñas imaxinarias perpendicularmente conxeladas polos polos”
Claro está que ao mellor nos volveriamos a encontrar ( non sei si a nós mesmos ) si cremos que “o Hemisferio Oeste é o Suboeste,ocipital ou horizontal, o Hemisferio Leste é tamén chamado subleste ou odiciotal , Hemisferio sur ou austial, ou que o leste está no oeste ,Europa en África ou América do Sur, África en américa do Sur ou Asia, Asia en Europa ou en África, oceanía en Asia, o O.indico no Atlántico, o Ártico no Antártico, o Atlántico no Índico, ( ou no oceano mediterráneo ), o índico no pacífico, ou o pacifico no atlantico”
Entremos en calor.
“Hai máis temperatura cando os raios do sol danos berticalmente ou chegan máis retos á terra porque danos o sol de frente, máis fixamente. Si os raios van incurbados fai máis frío, é decir, o calor aminua. A isto chamasmolle Inberno. Explicado doutro xeito: Es por lo de la orvita de la tierra al jirar en lo de alrrededor del sol en inbierno e cuando esta mas alegado en verano mas cerca”…. Máis claro … auga!!
“No movemento de rotación a terra xira aredor de si misma e tarda 365 días en dar una volta completa e 6 horas: polo tanto 24 horas” Vamos, que tendes claro que un ano non é un día e que un mes ten máis de 24 horas, … ou algo así.
Unha vez que temos claro como localizarnos no tempo e no espazo, pasamos a ver a vosa visión do relevo terrestre.
“O relevo está a miñóns de horas do interior da terra” E eu supoño que da Pobra a Santiago hai 1 hora de kilómetros, ¿non?
“O relevo é o que se ve a simple vista, as cousas orixinadas pola natureza que se sedimentan e transportan mediante o vento. Formouse por 2 forzas: as internas que se meten para dentro e as externas que se meten cara ariba”
As placas tectónicas, ¿que serán? “Pos framentos da litosfera que flotan nas correntes de conducción da atmosfera. Por exemplo a euroafricana ou a placa sudafricana que está en sudamérica. Estas placas van unha debaixo da outra pero aveces chocan e van parriba e van por al lado de outras. A beces intentan sair parriva e así formase unha especie de picos, como se se cosera. As placas son funcións naturais do relevo, é decir, movementos que foron deformados polo terreo e que se van movendo. Hai subducción nas cataratas porque se precipitan”
Por certo, “a India estrellouse e formou o Himalaia” ( Preghúntome si a India terá seghuro a terseiros ou a todo riesgho )
Pasemos ás formas do relevo.
“O golfo é un pedazo de mar que entra naterra onde a area absorbe a auga e unha vaía un cacho de terra discreta que entra no mar” O de discreta será porque pasa desapercibida cando entra no mar, … digo.
“Cunca ou depresión é un trozo de terra metido para adentro e val é un trozo de terra metido para adentro pero entre montañas”
“A ría é de orixe erosional e está rodeada polo mar, que está máis elevado e vai entrando nun río” ( Descrición perfeta da Ría de Arousa, só con lela me veñen as imaxes á cabeza) En cambio,”un fiorde é unha lingua de mar que vai polas montañas” ( de feito, creo que fala polos cóbados e fixo un cursiño de montañismo)
A diferenza entre macizo e cordilleira: “macizo é a punta e a cordilleira é a inclinación, é decir, un macizo é un conxunto de cordilleiras”
“A chaira é unha zona alta e montañosa, un longo camiño”
Pois sí, longo camiño o que nos queda ata final de curso. Esperemos non se nos faga tan longo coma unha chaira nin non estrelemos como a India, que nos orientemos polos hemisferios occipital, austial e idiciotal, que 24 horas non sexan 365 días, e que os raios do sol nos dean de frente, máis fixamente e nos iluminen a mente. .. e que teñamos forzas para todo iso ( ainda que sexan internas que se meten para dentro e externas que van cara ariba).
Bo Nadal e Feliz 2012, cheo de aventuras, cheo de experiencias.
Posted on 27 de Decembro de 2011, in Sen clasificar. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0