3. AS AUGAS MARIÑAS
As augas mariñas teñen a característica principal de que son salinas, ainda que presentan diferente salinidade segundo sexan océanos e mares abertos, coma o Cantábrico, ou pechados coma o Mediterráneo ou o mar Morto. Por exemplo, neste último a salinidade é 10 veces máis ca un océano : as augas do mar Morto conteñen 35 gramos por litro.
A temperatura pode variar ente -2oC das augas polares e 36 oC do Golfo Pérsico, ainda que o promedio é duns 17 oC
A pesares do que podes pensar, as mareas e as ondas non son os únicos movementos das augas mariñas. As correntes mariñas son verdadeiros ríos nos océanos.
A auga dos océanos móvese constantemente en grandes círculos: son as correntes mariñas, que poden chegar a ter miles de quilómetros e que están gobernadas ou son provocadas por 3 causas principais:
O vento, o movemento de rotación terrestre e a corrente termohalina.
Así créase un sistema de grandes correntes, que ten a súa orixe na zona ecuatorial. As correntes ecuatoriais cálidas vanse desprazando cara ao oeste e ao chocar cun continente desvíanse cara ao norte e ao sur. Son:
-
a corrente nor e sur–ecuatorial
-
a corrente do Golfo (Gulf Stream)
-
a corrente de Kuro-Chivo
Ao moverse atraen cara á zona intertropical augas frías dos fondos ou das zonas polares. Son as correntes frías de:
-
Groenlandia e Labrador
-
Canarias
-
Benguela
-
California
-
Humbolt ou de Perú
-
Malvinas (ou Falkland)
-
Oya-Chivo
As correntes mariñas teñen moita influencia sobre os climas da Terra, aspecto que analizaremos no seu momento.
E non podemos esquecer que nas correntes frías existen ricos caladoiros de peixe que fan que a frota pesqueira galega percorrera máis de medio mundo: Terranova, Malvinas ou Namibia, por poñer tres claros exemplos.
Posted on 27 de Decembro de 2011, in 1º ESO, xeografía and tagged augas mariñas, correntes mariñas, mares, oceanos. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0