2. O CICLO DA AUGA

Podemos atopar a auga na Terra nos tres estados da materia: líquida ( na súa maior parte: case o 98 % de toda a auga do Planeta ), sólida ( pouco máis do 2% nos glaciares e nos polos fundamentalmente) e gaseosa ( unha minúscula parte en forma de vapor de auga na atmosfera:  0,001 % ). Pero a auga non se mantén sempre estática, senon que está sempre en continuo cambio: o cilco da auga. Este ciclo de cambios de estado , de movemento continuo da auga, depende sobre todo da subida ou baixada da temperatura.

Imaxe: ClimaEuCambio ( Climántica )

1. EVAPORACIÓN:

A auga dos ríos, mares, lagos, da transpiración vexetal… evapórase, facendo que as masas de aire teñan unha porcentaxe de humidade.

2. SATURACIÓN:

Esas masas de aire móvense (se o fan, por exemplo, por riba do océano vanse cargando con máis humidade), pero tamén cambian de temperatura (dependendo de moitos factores como atopar outra masa de aire con diferente temperatura ou chocar cunha cadea montañosa e subir por ela, … ).

Se o que ocorre é que se arrefría, chégase ao que se chama punto de saturación, ou punto de orballo é dicir,a masa de aire “fártase de humidade“.

   3. CONDENSACIÓN:

Chegado ao punto de orballo, e   habendo núcleos de condensación (sales minerais, po… ) aparecen as nubes, que non só máis que vapor e gotas de auga en suspensión. Se a condensación ocorre ao nivel do chan, aparece néboa.

4. PRECIPITACIÓN:

As gotas de auga (ou folerpas de neve, ou saraiba, se a temperatura do aire é inferior a 0ºC), por arrastre, vanse facendo máis grandes, caendo polo seu propio peso (debido á forza da gravidade). É dicir, chove, neva ou cae sarabia.

O ciclo da auga ten unha importancia vital, xa que del depende a humidade necesaria para os seres vivos ( plantas, árbores, animais, o ser humano,…. ). Se por  motivos diversos, coma o cambio climático, se producen variacións no ciclo da auga pode ter consecuencias desastrosas. Tres exemplos:

  • A desertizaciónde zonas nas que cada vez chove menos. P.ex., zonas próximas ao Sáhara , ou mesmo o sur da

    Península Ibérica.

  • Terribles inundacións por choivas torrenciais ás que se suma un desxeo anormal  das neves das montañas. P.ex., conca do río Ganxes na India e Bangladesh, a causa das chuvias dos monzóns  e o cada vez máis rápido e abundante desxeo do Himalaia.

  • Temos que ter en conta tamén  as augas contaminadas. Estas, ao estar en continuo movemento, poden estender a contaminación ata lugares moi distantes. Pensemos no caso do barco petroleiro Prestige, afundido nas costas de Galicia en novembro do ano 2002. A contaminación chegou a boa parte da costa cantábrica e francesa, non só á galega. Outro caso poderías ser as augas non saneadas das vilas das nosas rías que contaminan as súas augas mariñas.

O vertido do petroleiro Prestige na costa galega en Novembro de 2002

Prema nas imaxes

 

 

Advertisements

Posted on 27 de Decembro de 2011, in 1º ESO, xeografía and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: