
A Península Ibérica está localizada no extremo SO de Europa. A maior parte da súa superficie corresponde a territorio español ( 504.782 km2), pertencendo o resto a Portugal ( 92.072 km2) e Andorra ( 468 km2).
Os seus límites terrestre están marcados polos Pirineos e os marítimos polo Océnao Atlántico, o Mar Cantábrico, o Mar Mediterráneo e o Estreito de Xibraltar.
En España, saíndo do territorio peninsular podemos destacar as Illas Baleares no Mediterráneo e as Canarias no O. Atlántico frente ás costas do Sáhara, así coma as cidades de Ceuta e Melilla no Norte de África. Asi mesmo, en Portugal destacan no O. Atlántico as Illas Azores e as Madeira.
O relevo peninsular ten unha altitude media de 660 m, sendo o segundo país máis alto de Europa despois de Suiza ( situada nos Alpes cunha altitude media de máis de 1.300 m ).
Podemos dividir o relevo peninsular en 4 bloques:
1.- Meseta Central ( entre 600 e 700 m de altiude media ). Abarca unha gran parte da superficie peninsular e podemos dividila en:
-
Meseta Norte, percorrida polo río Douro.
-
Sistema Central, cadea montañosa que divide a meseta en dúas partes. Destaca o pico Almanzor ( 2.592 m )
-
Meseta Sur, dividida en dúas partes polos Montes de Toledo, cada unha delas percorridas polos ríos:
2.- Rebordos montañosos da Meseta: cadeas montañosasa que rodean a meseta :
-
Macizo Galego ( Pena Trevinca, 2.127 m ) e Montes de León ( Teleno, 2.188 m )
-
Cordilleira Cantábrica, na que destacan os Picos de Europa e o pico Torre Cerredo ( 2.648 m )
-
Sistema Ibérico, destacando o Moncaio ( 2.213 m )
-
Serra Morena
3.-Undidades exteriores á Meseta:
-
Montes Vascos
-
Pireneos, co Aneto coma cumbre máis alta ( 3.404 m )
-
Cordilleira Costeira Catalá
-
Cordilleira Béticas, con dúas cimas en Serra Nevada ( Granada ): Mulhacén ( 3.478 m ) e Veleta ( 3.392 m )
4.- Grandes depresións exteriores:
-
Depresión do Ebro
-
Depresión do Guadalquivir
Mención aparte require o relevo insular canario, de orixe volcánica. Destaca sobre todo o Teide, a montaña máis alta de España con 3.718 m . Tamén podemos mencionar lugares coma o Parque do Timanfaya en Lanzarote ou as erupcións volcánicas submariñas do ano 2011 na illa do Hierro.