O RELEVO DE ASIA
O continente asiático ten unha superficie de 43.748.627 km2, o que o convirte no maior do planeta.
Case todo o continente está entre o Ecuador e o Círculo Polar Ártico. Limita con tres océanos: o O.Glacial Ártico ao Norte, o O. Índico polo Sur e o O. Pacífico polo Leste. Polo Oeste, está separado de Europa polos Montes Urais , o mar Caspio, o Cáucaso e o Mar Negro ( o estreito do Bósforo separa estes dous continentes ). Os límites con África son o mar Vermello e a Canle de Suez. Polo que respecta aos límites entre Asia e Oceanía, son máis complicados de delimitar, pero poderiamos situalos ao sur das illas de Indonesia, Borneo e Filipinas.
O choque das placas Arábiga, Iránica, Indoautraliana e Pacífica contra a Euroasiática, orixinou toda unha liña Oeste – Leste de cadeas montañosas, ao mesmo tempo que fai que en todo o Sur e Leste de Asia sexan comúns os movementos sísmicos ( terremotos ) acompañados, si ocorren na costa ( Xapón, Indonesia,…), por tsunamis.
Entre estes sistemas montañosos, en Asia atópase a cordilleira que conta con máis altitude do planeta: O Himalaia. Alí podemos atopar os “ 14 oitomiles”, as únicas cumbres que superan os 8.000 m de altitude, entre a que está a de máis altitude do planeta: o Everest ( 8.848 m. ). Pero tamén conta con cordilleiras coma os Montes Zagros, o Hindu Kush ou os Montes Altai.
As mesetas so moi numerosas ( Deccán na India, Anatolia en Turquía, Irán, Siberia, Arabia, ….) destacando sobre todas elas a Meseta do Tíbet. Para que te deas conta das súas dimensións, fíxate:
-
A súa superficie ( 1.000 km x 2.500 km = 2.500.000 km2) , é coma 5 veces máis grande que toda a Península Ibérica e máis de ¡ 80 veces maior que Galicia!
-
A súa altitude media ( 4.500 m. ) é ¡case 8 veces maior ca de España e máis de 9 veces a de Galicia!
Outras mesetas son as de Pamir ou o altiplano de Mongolia, cera dos cales atopamos o Deserto do Gobi.
Por outra parte, o continente asiático ten enormes extensións de chairas e depresións que se extenden desde as cadeas montañosas ata o mar, percorridas por ríos que soen ser longos e moi caudalosos. Destaca a Gran Chaira de Siberia (ríos Obi, Ienisei,…) ao Norte ou as de Mesopotamia (ríos Tigris, Éufrates) India ( ríos Ganxes e Indo ), Indochina ( río Mekong ) e China (ríos Hoang-Ho e Iangtse – Kiang ).
Ás veces, as depresións están ocupadas por mares interiores, coma o Mar Morto, o Caspio ou o Aral.
Podemos distinguir tamén en Asia penínsulas coma as de Anatolia, Arábiga, Indostán, Indochina, Corea ou Kamchatka, entre as máis importantes.
Posted on 23 de Novembro de 2011, in 1º ESO, xeografía and tagged Asia, relevo. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0