O RELEVO DE AMÉRICA DO NORTE
Con máis de 24 millóns de km2, América do Norte limita con tres océanos ( Glacial Ártico, Pacífico e Atlántico ) e con Sudamérica a través do istmo centroamericano. Sepárao de Asia o Estreito de Bering. Localizamos a maior parte de Norteamérica entre o Trópico de Cáncer e o C.P. Ártico.
Provén este continente do primixenio Panxea, desprazándose cara o oeste e chocando coa placa tectónica Pacífica.
Continente compacto a excepción das illas do Norte ( Groenlandia entre elas) e do Caribe ( Cuba, Xamaica, Porto Rico,…)
Podemos dividir o relevo norteamericano en tres liñas Norte – Sur:
-
Oeste: Montañas Rochosas, cordilleira que ese extende por toda a costa pacífica, e que continúa polas Serras Madres e Meseta mexicanas.
-
Centro: Grandes Chairas, percorridas polos ríos Mississippi – Misouri.
-
Leste: Apalaches, macizo na costa atlántica.
Desraca tamén as penínsulas de Labrador, California, Florida e Iucatán, así como a baía de Hudson e o Golfo de México.
Posted on 23 de Novembro de 2011, in 1º ESO, xeografía and tagged América, relevo. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0