2. A estrutura interna da Terra.
Se cortaramos a esfera terrestre coma se fora unha laranxa, tería aproximadamente este aspecto no que distinguiriamos as seguintes partes:
Pensa sobre a imaxe: ¿Onde hai máis temperatura: na parte máis interior ou na máis externa?¿Que consecuencia pensas que terá isto sobre as rochas? 🙂
A nós interésanos sobre todo as partes superiores: o manto superior e a codia. Entre estas dúas sitúase a litosfera (do grego litos, “pedra” e “sphaira, “esfera”), que xunto a hidrosfera ( do grego “hidros”, auga ) e a atmosfera ( do grego”atmos”, aire ) forman a biosfera ( do grego “bios”, vida ). 🙂
A litosfera “flota” sobre a astenosfera, constituida por material fluido a altas temperaturas que se move en movementos de convección :
Agora veremos como a litosfera se “rompe” en diferentes fragmentos ( placas tectónicas )que se moven sen cesar ( deriva continental ) formando o relevo ( oroxénese), sismos ( terremotos ) e volcáns.
Posted on 22 de Outubro de 2011, in 1º ESO, Sen clasificar, xeografía and tagged capas da Terra, litosfera. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0