1.Que é o relevo?
O relevo é todo o conxunto de formas na superficie terrestre que se foron formando ao longo de millóns de anos ( centos de millóns, incluso miles de millóns: ¿sabes cantos anos ten a Terra? 🙂.
Debes pensar que a superificie terrestre está tanto baixo os océanos coma nos continentes e illas.
Estamos acostumados a ver o planeta Terra deste xeito …
Fonte: Wikimedia
Pero se lle quitamos a auga dos océanos, veremos isto, é decir, que baixo as augas tamén hai formas do relevo ( fosas, cordais, chairas,….) :
World Ocean Floor Map by Bruce C. Heezen and Marie Tharp
O relevo e todas as súas formas son o resultado da acción de dúas forzas:
-
As forzas internas da Terra: aquelas que xorden do interior do noso planeta e forman o relevo.
-
As forzas externas:aquelas que actúan na súa superficie e modificación o relevo, dándolle novas formas.
Podes ver un resume gráfico en: Orixe do relevo
Posted on 22 de Outubro de 2011, in 1º ESO, Sen clasificar, xeografía and tagged relevo. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0