OS MAPAS
O tamaño do planeta Terra, de forma case esférica, non é manexable e non nos permite ver os detalles. Así, representámola en mapas.
Desde sempre o home intentou elaborar mapas para localizarse e orientarse. Pero o resultado non era o mesmo ca hoxe en día grazas ás ferramentas tecnolóxicas coas que contamos ( satélites, ordenadores, …). Fíxate neste mapa antigo de Galicia feito por Abraham Ortelius hai máis de 400 anos.
… ou neste outro de Pedro Teixeira ( 1.634 ):
O que pretendían era representar a realidade, e iso é o que son os mapas: representación xeográficas da superficie terrestre. Ás veces, poden representar grandes superificies, incluso todo o planeta ( mapamundi ), pero outras representan zonas máis pequenas( un país, un concello, …). É coma si usaramos unha lupa para aumentar ou disminuir o tamaño e o detalle da zona a explorar. A isto chámaselle escala.
A escala é a relación que hai entre a medida tomada no mapa e a súa correspondente na realidade. Canto maior é a escala, máis pequeño é o mapa, e viceversa. Fíxate nestas imaxes extraidas de Google Maps.

Neste mapa a escala é grande. Fíxate na escala gráfica: 50 km.
Preséntase a zona con menor detalle
Neste mapa a escala é pequena. Fíxate na escala gráfica: 200 metros. Polo tanto vemos o mapa con moitos máis detalles.
Normalmente usamos dous tipos de escala nos mapas:
Escala numérica.
Indica a correspondencia entre unidade no mapa e na realoidade. Neste caso, 1 cm no mapa corresponde a 25.000 na realidade; ou o que é o mesmo, 1 m no mapa corresponde a 250 m na realidade.
Ponte a pensar.
-
Ordea todos os mapas que ves nesta páxina de maior a menor escala. ¿Cal é a diferencia entre eles?
-
¿Que tipo de escala esarías para facer un mapa no que localices a ruta cara ao instituto? ¿ E para facer unha viaxe a Berlín?
Como xa sabes, a forma da Terra é esférica e isto é unha tremenda dificultade para representala sobre un plano. Fai a proba, colle unha pelota vella e intenta poñela plana, ¿Qué ocorre?¿Es quen de facelo?.
Fonte: soialesprimerob.blogspot.com
Por isto, existen os chamados sistemas de proxección ( cónica, cilíndrica, polar ), ainda que cada un deforma algún aspecto da realidade.
Así, por exemplo, os mapas que se soes ver son os que se denominan de Mercator. E presentan un problema: as superficies se agrandan con respecto á realidade a medida que nos achegamos ós Polos.
Analiza e logo preme nas seguintes imaxes
Por poñer un exemplo moi claro, Groenlandia ten unha superficie de 2.166.086 km², Europa 10.530.751 km². e América do Sur 17.819.100 km². En cambio fíxate ben este mapamundi, ¿Qué observas con respecto á representación da superficie no mapa destas tres zonas do mundo?
Posted on 14 de Agosto de 2011, in 1º ESO, xeografía and tagged cartografía, escala, Mapas, proxeccións cartográficas. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0