Daily Archives: 14 de Agosto de 2011

OS MAPAS

O tamaño do planeta Terra, de forma case esférica, non é manexable e non nos permite ver os detalles. Así, representámola en mapas.

Desde sempre o home intentou elaborar mapas para localizarse e orientarse. Pero o resultado non era o mesmo ca hoxe en día grazas ás ferramentas tecnolóxicas coas que contamos ( satélites, ordenadores, …). Fíxate neste mapa antigo de Galicia feito por Abraham Ortelius hai máis de 400 anos.

… ou neste outro de Pedro Teixeira ( 1.634 ):

O que pretendían era representar a realidade, e iso é o que son os mapas: representación xeográficas da superficie terrestre. Ás  veces, poden representar grandes superificies, incluso todo o planeta ( mapamundi ), pero outras representan zonas máis pequenas( un país, un concello, …). É coma si usaramos unha lupa para aumentar ou disminuir o tamaño e o detalle da zona a explorar. A isto chámaselle escala.

Mapamundi. Fonte: banco de imaxes CNICE

                                                                                                                                                                                      

A escala é a relación que hai entre a medida tomada no mapa e a súa correspondente na realidade. Canto maior é a escala, máis pequeño é o mapa, e viceversa. Fíxate nestas imaxes extraidas de Google Maps.

Neste mapa a escala é grande. Fíxate na escala gráfica: 50 km.

Preséntase a zona con menor detalle

Neste mapa a escala é pequena. Fíxate na escala gráfica: 200 metros. Polo tanto vemos o mapa con moitos máis detalles.

Normalmente usamos dous tipos de escala nos mapas:

Escala Gráfica.

Indica a medida real que representa cada segmento no mapa.

Escala numérica.

Indica a correspondencia entre unidade no mapa e na realoidade. Neste caso, 1 cm no mapa corresponde a 25.000 na realidade; ou o que é o mesmo, 1 m no mapa corresponde a 250 m na realidade.

Ponte a pensar.

  • Ordea todos os mapas que ves nesta páxina de maior a menor escala. ¿Cal é a diferencia entre eles?

  • ¿Que tipo de escala esarías para facer un mapa no que localices a ruta cara ao instituto? ¿ E para facer unha viaxe a Berlín?

                                                                                                                                                                                      

Como xa sabes, a forma da Terra é esférica e isto é unha tremenda dificultade para representala sobre un plano. Fai a proba, colle unha pelota vella e intenta poñela plana, ¿Qué ocorre?¿Es quen de facelo?.

Fonte: soialesprimerob.blogspot.com

Por isto, existen os chamados sistemas de proxección ( cónica, cilíndrica, polar ), ainda que cada un deforma algún aspecto da realidade.

Así, por exemplo, os mapas que se soes ver son os que se denominan de Mercator. E presentan un problema: as superficies se agrandan con respecto á realidade a medida que nos achegamos ós Polos.

Analiza e logo preme nas seguintes imaxes

Por poñer un exemplo moi claro, Groenlandia ten unha superficie de 2.166.086  km², Europa 10.530.751 km². e América do Sur 17.819.100 km². En cambio fíxate ben este mapamundi,  ¿Qué observas con respecto á representación da superficie no mapa destas tres zonas do mundo?