MOVEMENTOS DA TERRA: TRASLACIÓN

Gaia, o planeta Terra, xira arredor do Sol. En dar unha volta completa tarda 365 días e 6 horas.

Polo tanto, as dúas primeiras consecuencias deste movemento de traslación teñen que ver coa medida do tempo:

  1. O ano de 365 días.

  2. O ano bisesto.🙂 Cada catro anos acumúlanse as 6 horas formando un novo día: 29 de febreiro.

Xa sabemos que o eixe terrestre está inclinado 23°27’, pero ¿inclinado respecto a que?, porque a Terra está “suspendida” no Universo.

O camiño que percorre a Terra no seu movemento arredor do Sol decribe unha órbita elíptica . Pois  o noso planeta está inclinado con respecto ó plano desa órbita. E as tres seguintes consecuencias da traslación terrestre teñen moito que ver con isto.

Os raios solares inciden con distinta inclinación nos distintos lugares e nas distintas épocas do ano. Nesta imaxe podémolo ver claramente:

Vemos claramente que as temperaturas son diferentes nas distintas zonas ( as temperaturas son máis baixas a medida que nos achegamos ós Polos ) e épocas do ano ( máis altas no verán e máis baixas no inverno ):

Pero, ¿por qué?.

A seguinte imaxe danos unha pista.

Vemos que a maior inclinación, maior superficie iluminada. Xa que logo, a mesma radiación solar estará máis repartida e a temperatura baixará. Así ocorre no Inverno e nos Polos.

Cunha incidencia máis perpendicular, a mesma radiación solar concentrarase nunha menor superficie e a temperatura será maior, Así ocorre no Verán e nas Zonas Tropicais.

As últimas tres consecuencias do movemento de traslación terrestre teñen unha relación estreita coa inclinación do eixe da Terra:

3. As estacións do ano ( Solsticios : verán e inverno / Equinoccios: primavera e outono ): nas distintas estacións as temperaturas cambian.  Debes ter en conta que as estacións son opostas nos diferentes hemisferios: verán no Norte e inverno no Sur, e así sucesivamente co resto das estacións. 🙂

4. As zonas térmicas. Son tres ( en realidade 5 ): 2 frías, 2 temperadas e 1 cálida

5.  A distinta duración do día e da noite nas distintas estacións. No verán os días son máis longos e no inverno moito máis curtos. Esta situación acentúase a medida que nos alonxamos do Ecuador cara os Polos, de tal xeito que se chega ó extremo de que nestes o día e a noite poden durar ¡seis meses!, segundo sexa na época estival ou na invernal. Pódes ver a duración de días e noites en cada época do ano nos seguintes enlaces: 🙂  🙂

VOLVER

Advertisements

Posted on 4 de Agosto de 2011, in 1º ESO, xeografía and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: