MOVEMENTOS DA TERRA: ROTACIÓN

Xa sabemos que unha das liñas imaxinarias é o eixo terrestre 🙂, que ten unha inclinación de 23°27’. A Terra xira sobre si mesma arredor dese eixe, tardando 24 horas – é decir, un día solar ( 🙂 🙂 ) – en dar unha volta completa.

A todo isto, xa che dixemos por onde “sae” o sol e por onde se “oculta”. Pero,… a ver si o sabes: ¿ en que sentido xira a terra sobre si mesma? A resposta está aquí, na imaxe anterior, búscaa.

Aparte do movemento aparente do Sol, este movemento ten dúas consecuencias principais:

  • A sucesión día – noite: a metade do planeta está iluminada polo Sol, mentras que a outra está de noite. Pódes velo aquí a esta mesma hora: Earth View

Fonte: Wikimedia Commons
  • Os fusos horarios: Dividimos a Terra en 24 partes iguais – os fusos horarios – que se corresponden coas horas que ten o día. Así, a hora solar é diferente en cada fuso horario. Podes velo nestes enlaces: 🙂 🙂

    • Os fusos horaios ( Fonte: Kalipedia )
    •  Por certo, intenta respostar a estas cuestións:

      • Son as 12 da mañán. Vas facer unha viaxe en avión de 6 horas de duración. ¿Sería posible chegar a destino á mesma hora na que saiches, é decir, ás 12 da mañán? ¿Por qué? Para acertar debes pensar: cara onde vai ó avión ( Leste ou Oeste ) e cara onde é máis cedo e máis tarde ( Leste ou Oeste ).

      • Curiosidade: ¿ é posible vivir dúas veces o mesmo día? ¿ e saltar duns luns para un mércores? Pistas aquí: 🙂 🙂

      • Outra curiosidade. Todos coñecedes o libro de Jules Verne, A volta ó mundo en 80 días ( porque si non a coñecedes, … xa vai sendo hora )( Neste enlace podes o libro: 🙂 ). Le o que lle pasou ó seu protagonista W. Fogg neste texto: preme aquí 🙂

OS MOVEMENTOS DA TERRA

VOLVER

Posted on 20 de Xullo de 2011, in 1º ESO, xeografía and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: