AS LIÑAS IMAXINARIAS

As liñas imaxinarias son liñas convencionais que serven para localizar calquera punto da Terra sobre a superficie terrestre.

AS liñas imaxinarias básicas

 1.- EIXE TERRESTRE: 🙂

Tamén chamado eixe polar ou de rotación. É a liña imaxinaria sobre a que xira a Terra. Cruza o centro do noso planeta e toca nos polos.

 2.- PARALELOS:🙂

Círculos imaxinarios  e  perpendiculares ó eixe terrestre, que cruzan a Terra de Oeste a Leste.

Os máis importantes son:

  • Ecuador: 🙂Paralelo 0º que divide a Terra en dúas metades: 🙂

                                 – Hemisferio Norte ou Septentrional ( Boreal )

                                 – Hemisferio Sur ou Meridional ( Austral )

  • Trópicos: 🙂 están a unha distancia do Ecuador de 23º27’:

                                – T. de Cáncer: ó Norte.🙂

                                – T. de Capricornio: ó Sur.🙂

  • Círculos Polares: están a unha distancia do Ecuador de 66º33’:

                               – C.P. Ártico: ó Norte 🙂

                               – C.P. Antártico:  ó Sur 🙂

3.- MERIDIANOS: 🙂

Semicírculos imaxinarios perpendiculares ó Ecuador queconverxen nos polos. O máis importante é:

  •  Meridiano de Greenwich ou 0º 🙂: Xunto co seu antimeridiano,  divide a Terra en 2 hemisferios:

                              – Hemisferio Occidental (Oeste)

                              – Hemisferio Oriental (Leste )

Esta imaxe preséntache un reume de todo o dito ata  agora:

AS LIÑAS IMAXINARIAS

Estes vídeos ainda nos poden axudar un chisco máis a comprender:

VÍDEO 1

COMO DIFERENCIAR ENTRE PARALELOS E MERIDIANOS

VÍDEO 2

A REDE XEOGRÁFICA

Advertisements

Posted on 14 de Xullo de 2011, in 1º ESO, xeografía and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: