Daily Archives: 13 de Xullo de 2011

A enerxía que nos move… cara onde?

“A enerxía que nos move…cara onde?” é parte dun proxecto audiovisual que pon en colaboración ós departamentos de Historia e Naturais en torno ó tema medioambiental.

A Revolución Industrial foi un punto de inflexión do uso e consumo dos recursos enerxéticos que ten consecuencias sobre a sostibilidade do sistema. E este será o noso traballo: mostrar de xeito audiovisual a historia da enerxía, do seu uso e consumo, que supuxeron os cambios introducidos na época da revolcuión industrial, …..

A continuación poño á vosa disposición todo o material e axuda que considero necesarios. Só espero da vosa parte que poñades interés, gañas e esforzo. Con iso será dabondo para que todo saia ben.

( Preme enriba de cada título e obterás os documentos )

  1. Webquest: Esta é a proposta de traballo e investigación que vos propoño, onde atoparedes as tarefas, recursos ,…:A ENERXIA QUE NOS MOVE CARA ONDE
  2. Para que saibades os criterios de avaliación do traballo: Rubrica de avaliacion A enerxia que nos move
  3. Contidos básicos para a Entrevista os nosos maiores
  4. Materiais adicionais ( aparte dos recursos que vos propoño na proposta de traballo) que vos poden axudar á hora de buscar información. Non estaría de máis que fixerades unha lectura pausada e atenta de stes documentos, tomando notas e facendo esquemas de contidos e ideas para realizar o guión inicial de traballo: