Conflitos armados no mundo

CONFLICTOS ARMADOS NO MUNDO

INTRODUCCIÓN.

Non habería mellor antesala que oir unha canción que se convertiu nun himno mundial da paz: Imagine , de John Lennon.

Se eu quero, se te queres, se todos e cada un de nós queremos, a paz non é un soño.

¿ Ti queres?

Imagine                                                        Imaxina

Imagine there’s no heaven                       Imaxina que non hai ceo
It’s easy if you try                                        É fácil se o intentas
No hell below us                                        Sen inferno debaixo de nós
Above us only sky                                      Sobre nós só ceo
Imagine all the people                               Imaxina toda a xente
Living for today…                                        vivindo o hoxe…
Imagine there’s no countries                    Imaxina que non hai países
It isn’t hard to do                                         Non é difícil facelo
Nothing to kill or die for                             Nada polo que matar ou morrer
And no religion too                                                E tampouco relixión
Imagine all the people                               Imaxina a toda a xente
Living life in peace…                                  Vivindo a vida en paz…

You may say I’m a dreamer                      Podes decir quer son un soñador
But I’m not the only one                            Pero non son o único
I hope someday you’ll join us                   Espero que algún día te unas a nós
And the world will be as one                    E a omundo será coma un

Imagine no possessions                           Imaxina que non hai posesións
I wonder if you can                                                Pregúntome se podes
No need for greed or hunger                   Sen necesidade de gula ou fame
A brotherhood of man                               Unha irmandade de homes
Imagine all the people                               Imaxina toda a xente
Sharing all the world…                              compartindo o mundo…

You may say I’m a dreamer                      Podes decir que son un soñador
But I’m not the only one                            Pero non son o único
I hope someday you’ll join us                   Espero que algún día te unas a nós
And the world will live as one                  E o mundo vivirá coma un

Pero, por desgracia, a paz segue a ser iso, un soño.

Abrimos os xornais, encendemos a tv, escoitamos a radio, …. É difícil non atopar noticias de países lonxanos: Congo, Palestina, Afganitán, Irak, Chechenia, Colombia, …. E non son novas precisamente de tipo exótico ( belezas naturais que impresionan, costumes incribles, cidades extraordinarias,…), senon nada agradables, ainda que cotidianas  no que a el@s respecta: atentados, bombardeos, campos de refuxiados, nenos soldados, violacións dos dereitos humanos,…. morte ! É a guerra, unha morea de conflictos armados espallados por todo o mundo.

E a maioría deles esquecidos, fora das portadas. Non sabemos nen sequera onde están lugares como Darfur, Kabul, Basora, Cachemira, Kinshasa, …

Esta é a misión que vos propoño: investigar , buscar información e extraer unhas claras conclusións sobre o estado da guerra (¿da paz?) no mundo, cales son as causas ( ¡¿por qué?!) e as consecuencias ( ¡¿como pode ser que hoxe en día pasen cousas coma estas ?!)

Deste xeito, e como human@s con conciencia ( ¿tamén concienciados?) que somos, seremos capaces de reflexionar sobre este grave problema que está a afectar a millóns de seres humanos.

 ¿Comenzamos?

 TAREFA.

Xa coñecemos a revista dixital “Penso,…logo actúo”. Neste caso, proponse confeccionar un monográfico sobre os conflictos armados no mundo do S XXI, co fin de dar a coñecer as guerras que por unhas ou outras razóns, están esquecidas. Trata de concienciar ‘@s lector@s de:

Orixe e causas dos conflictos: o por que.

  • Resumo da evolución e estado actual de cada conflcito.
  • Consecuencias e datos básicos sobre os mesmos.

Cada grupo de traballo estará formado por un equipo de 5 persoas:

1.- Xornalista coordenador do equipo. Responsabilidade: coordinar o traballo de todo o equipo e busqueda de noticias que actualicen o estado dos conflictos.

2.- Experto en política internacional. Responsabilidade: informará sobre as partes en conflicto e as súas relaicons coa comunidade internacional ( ONU; Unión Europea, EE.UU., … ), poñémndoo en relación coas posibles solucións.

3.- Experto en economía. Responsabilidade: explicar a base económica das guerras, coma p.ex. a xplotación dos recursos naturais e a súa relación coa economía internacional ( exemplo : o Coltán no Congo e a industria informática e de telefonía móbil )

4.- Historiador. Responsabilidade: buscar a orixe histórica dos conflictos (P.ex: colonialismo e descolonización ) para atopar solucións.

5.- Membro dunha ONG internacional. Responsabilidade: tratar os aspectos humanitarios, de dereitos humanos, situación dos refuxiados, …. e poñelos en relación co conflicto e a súa solución.

O obxectivo principal é realizar unha reportaxe ( que se expoñerá nun blogue que elaboraredes ) sobre os conflictos armados que hoxe en día están activos no mundo, reportaxe que constará de:

  • Mapa mundi de todos os  conflictos armados na actualidade.
  • Texto escrito acompañado de imaxes, que explique en xeral as causas ( ¿porque? ) e lugares ( ¿ países, continentes ? ) dos conflictos armados ( 15 – 20 liñas ).
  • Resumir 5 conflictos armados nunhas poucas liñas ( 20 mínimo; complementado cun cadro explicativo): orixes/causas/estado actual/consecuencias/ datos básicos.
  • 2 Traballos multimedia – audiovisuais:
    • Xeral: sobre os conflictos no mundo en xeral.
    • Un conflicto concreto ( á parte dos 5 anteriores ), que logo se  exporá nunha asemblea internacional cuxo obxectivo é buscar solucións.

PROCESO.

  1. Asignamos un rol coa súa responsabilidade a cada mebro do equipo de traballo.
  2. Cada membro traballará sobre a responsabilidade que lle tocou, sempre coordinado o traballo polo xornalista.
  3. Exame dos recursos que se nos presenta e extraemos a información necesaria en cada caso.
  4. Con ela elaboramos o traballo final: escrito e audiovisual
  5. Abrimos un blogue no que expoñeremos o resutado final.
  6. Exposición na “ asemblea internacional “ dun conflicto concreto que vós escolleredes polos motivos que vós creades convintes.
  7. Debate xeral da ” asemblea”  que resumirá a súa postura nun documento final.

AVALIACIÓN.

Ver :Rubrica de avaliacion

RECURSOS.

Estes son unha serie de enlaces nos que poderedes atopar información xeral sobre os conflictos no mundo na actualidade.

De todos os xeitos, para buscar información máis concreta sobre algún en concreto, teredelo que facer nun buscador. P.ex.: “conflicto de Congo “ e aparece,p.ex., http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/international/newsid_7699000/7699479.stm

Recursos:

http://www.elmundo.es/documentos/2003/04/guerras_olvidadas/index.html

( Poperás atopar un resume claro de cada un dos conflictos por continentes.)

http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/specials/default.stm

Páxina da BBC onde podes atopar varios especiais sobre zonas en conflicto, refuxiados,… coma p.ex:

http://www.bbc.co.uk/spanish/specials/1115_guerras_olvida/

( Interesante para facerse con datos básicos das partes en conflicto)

http://www.bbc.co.uk/spanish/specials/1441_farc/index.shtml

( Sobre aas FARC e o conflicto en Colombia )

http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/international/newsid_6768000/6768831.stm

( Sobre Afganistán )

http://www.escolapau.org/img/programas/alerta/barometro/conflictos18.pdf

( Inform sobre o estado dos conflictos armados no mundo a setembro de 2008 )

http://www.consumer.es/web/es/solidaridad/proyectos_y_campanas/2006/09/21/155747.php

( Análise os conflictos armados no mundo, consecuencias, axudas,….)

http://www.20minutos.es/noticia/404456/mundo/guerras/activas/

http://www.20minutos.es/noticia/404815/0/hernan/zin/guerras/

http://www.20minutos.es/noticia/289490/0/guerras/africa/millones/

( Reportaxes sobre conflictos armados: causas, estado actual,… con enlaces para conseguir máis información )

http://elproyectomatriz.wordpress.com/?s=conflictos+armados

( Blogue onde podedes consultar varios artigos sobre conflictos armados, sobre todo un par deles sobre recursos naturais e conflictos armados )

http://www.guiadelmundo.org.uy/cd/

Guía que ofrece datos esenciais e información actualizada sobre  247 países do mundo.

Noticias sobre conflcitos aramados en prensa dixital. P.ex: http://www.todalaprensa.com/

 

 

 

CONCLUSIÓN.

Unha vez rematada esta pequena investigación, seguro que teremos nas nosas mans información suficiente para saber a situación da paz, e da guerra, e sobre todo como funciona o mundo a nivel político e económico, …  que sexa difícil de comprender.

É o momento de poñer por escrito as conclusións persoais ( 20 liñas ), que poderiamos resumir na resposta ás seguintes cuestións :

¿Por que, para que, como  mata o home? ¿ Ten solución ?

Posted on 13 de Xullo de 2011, in Sen clasificar. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: