CAMBIO CLIMÁTICO: MANUAL DE USO

Arquivos para baixar:

WEBQUEST

O CAMBIO CLIMÁTICO : MANUAL DE USO

INTRODUCCIÓN.

Está de moda.

Refírome ó cambio climático.

Na prensa, na tele , na radio , en internet, na escola,…. está presente en tódos os sitios, ata nas conversas da rúa,… ou do ascensor.

A iso de “ como está o tempo “, engadimos agora: “ … e o clima, … como está o clima !! “.

Está claro que a maioría da xente non sabe nada do tema, ¡ nen sequera distinguir entre tempo e clima, …. e van saber algo sobre efecto invernadoiro !.

Non é un tema fácil. Pero como vós xa tendes coñecementos básicos sobre el, poderiamos intentar explicalo de xeito sinxelo. Algo así como un manual de uso do cambio climático, onde explicariamos por que hai cambio climático, cales son as súas consecuencias, tamén as solucións, elaborariamos definicións do vocabulario relacionado co tema, …. todo do xeito máis claro e sinxelo posible… coma se llo tiveramos que explicar a un nen@ de 10 anos,

¿Parécevos?

TAREFA:

“ Penso,… logo actúo “ ( pensologoactuo.wordpress.com ) é unha revista dixital que nace coa intención de facer un traballo de divulgación na rede, de moi diversos campos de coñecemento ( ciencia, tecnoloxías, historia, ecoloxía, literatura, mediciña, bioloxía, xeografía,….) e cuxo fin principal é concienciar á poboación na importancia de tomar parte activa fronte ós problemas do mundo actual: pobreza, inxustizas sociais, guerras, cambio climático, ecoloxía,….

Esta revista publica periodicamente números especiais sobre temas concretos. Neste, o tema é o cambio climático e o voso grupo de traballo encargarase dunha das partes deste especial: elaborar un “manual de uso “ do cambio climático, coma se llo tiveramos que explicarllo a un nen@ de 10 anos.

Formaremos equipos de traballo de 5 membros, cada un coa súa responsabilidade:

1.- Coordinador do equipo. Responsabilidade: ser o coordinador do traballo do equipo e velar pola claridade expositiva do traballo.

2.- Expert@ en climatoloxía e meteoroloxía. Responsabilidade: buscar e analizar a información sobre os aspectos que teñen que ver co clima e a meteoroloxía, así como de buscar unha definición clara e sinxela das palabras e expresións relacionadas co tema.

3.- Expert@ en ciencia. Responsabilidade: científic@ capaz de divulgar do xeito máis claro posible as causas ( os “porqués” ) do cambio climático.

4.- Experto@ en medio ambiente e ecoloxía. Responsabilidade: búsqueda e tratamento da información relacionada coas consecuencias medioambientais do cambio climático.

5.- Expert@ en busqueda de solucións ó cambio climático: Responabilidade: facer ver de forma clara e sinxela que podemos facer para frear o cambio climático. É vital o tema das fontes de enerxía, os avances tecnolóxicos, os medios de transporte, o consumo dos recursos naturais,…

Coma xa apuntamos anteriormente, a tarefa conxunta que debedes levar a cabo é a elaboración dunha reportaxe dentro do número especial da revista na que fagades un manual de uso do cambio climático:

§  Nome da reportaxe.

§  Traballo escrito: do xeito o máis sinxelo posible, usando un vocabulario comprensible pero sen renunciar a vocabulario cientifico, elaborar un sixelo manual de uso do cambio climático que teña como máximo unha extensión de 50 liñas ( letra Arial, tamaño 12 ). Neste texto tendes que falar de:

  • Definición de cambio climático
  • Causas.
  • Consecuencias.
  • Solucións.

§  Traballo multimedia: presentación,video,… onde mostredes o descrito no traballo escrito:

  • 1.- Diccionario: Vocabulario básico do cambio climático coas palabras ou expresións máis comúns do tema.
  • 2.- Manual de uso, no que expliquemos:

o   Definición de cambio climático.

o   as causas do cc ( efecto invernadoiro, emisións de CO2, deforestacións….)

o    as súas consecuencias ( desxeo, subida do nivel do mar, sequías, desertización,…)

o    as posibles solucións

§  O resultado do voso traballo exporase no revista dixital “Penso,…logo actúo” ( pensologoactuo.wordpress.com )

PROCESO:

1.- Torbellino de ideas para poñerlle un nome ó traballo.

2.    Búsqueda de información seguindo a lista de recursos que vos presentamos.

3.    Análise e resume da información que necesitades.A medida que vaiades atopando información deberedes ir tomando notas sobre os distintas apartados do traballo:

a.    Que é o cambio climático

b.    Por que hai cambo climático, que o produce.

c.    Consecuencias do cambio climático

d.    Solucións: ¿Qué podemos facer?

4.    Facer unha lista de palabras e expresións relacionadas co cc.

5.    Elaborar as definicións.

6.    Facer un esquema da explicación do cc.

7.    Elaborar o traballo escrito ( 50 liñas ) e multimedia.

8.    Enviar os traballos á dirección de correo electrónico : xeografia3eso@gmail.com

AVALIACIÓN:

Ver rúbrica de avaliación.

RECURSOS:

http://www.climantica.org/meteo/gl/page/meteo?apartado=09

( apartado da páxina do Proxecto Climántica sobre cambio climático )

http://tv.climantica.org/canales/2

( Documental do proxecto Climántica: Cambio climático, o reto do S

XXI )

http://www.sosclima.org/origen-cambio-climatico

( sinxela explicación do cc)

http://www.greenpeace.org/espana/campaigns/energ-a

( páxina especial de Greenpeace  sobre cambio climático )

http://ec.europa.eu/environment/climat/campaign/index_es.htm

( páxina da UE sobre cambio climático )

http://www.greenfacts.org/es/cambio-climatico-ie4/index.htm

( preguntas sobre o cambio climático)

Efecto invernadoiro e Emisions co2:

http://www.consumer.es/web/es/medio_ambiente/naturaleza/2004/08/26/140161.php

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/manuales/materiales_tic/terraproblem/problem_files/calentamientoTIERRA.SWF

http://ingenieria.uaslp.mx/Recursos/Animaciones/efecto_invernadero.swf

Xogos:

http://www.guardianesdelclima.com/gc/Default.aspx

http://xogo.climantica.org/?locale=gl

CONCLUSIÓNS:

Co esforzo que vos vai supoñer este traballo de investigación, estou seguro que vós mesmos aprenderedes moitas cousas sobre o tema. Pero o importante do coñecemento non é só poseelo, senon con el  tomar conciencia dos problemas do mundo no que vivimos e compartilo.

Por iso, é moi importante que o traballo sexa atractivo, que a presentacion visual sexa creativa, que a información que mostredes teña base científica, en definitiva que calqueira que vexa o voso traballo sexa quen de comprender o cambio climático e a súa importancia e dimensión.

Seguro que o conseguiredes.

NOTA: Cada membro do equipo terá que facer un pequeno texto no que expoña as conclusións máis importantes a nivel persoal, e envialo a xeografia3eso@gmail.com.

Posted on 17 de Outubro de 2010, in 3ª ESO, Cambio Climático, Clima, Webquest, Xeografia. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Os comentarios están pechados.

A %d blogueros les gusta esto: