Arquivo do blog
3. Os axentes internos: A formación do relevo.
A litosfera. As placas tectónicas.A deriva continental
As Placas tectónicas ou litosféricas
son fragmentos da litosfera
:
Desprázanse a razón de 2 a 20 cm por ano, debido a que “flotan” sobre as correntes de convección que existen na parte superior do manto ( na astenosfera). A isto chamamos Deriva continental
, teoría que di que os continentes non sempre estiveron separados, senon que proveñen do orixinario Panxea ( que significa “ toda a terra “). Fíxate:
As placas teñen diversos comportamentos:
-
Unhas placas chocan entre sí . → ← Cando isto ocorre, unha das placas introdúcese baixo a outra ( subducción ), levantándose o borde desta e formando cadeas montañosas ( Himalaia, Andes, Alpes,… )
-
Outras placas, sepáranse . ← →Soe ocorrer baixo os fondos oceánicos, formando as dorsais grazas á saída continua de magma do interior da Terra.
-
Outras móvense lonxitudinalmemnte, deslízanse unha con respecto á outra. D Estas producen enormes fallas, roturas da corteza terrestre, como a de San Andrés en Norteamérica.
Os movementos das placas litosféricas provocan sismos ( terremotos )
,Tsunamis
e volcáns
, sobre todo nos seus bordes.
E agora, divírtete vendo isto.
Formas do relevo terrestre
FORMAS DO RELEVO TERRESTRE
Poño á vosa disposición a primeira parte do Tema 2. O relevo, onde falamos de:
- Orixe: as forzas internas ( Oroxénese, sismos, volcáns, placas terrestres,….)
- A modelaxe: os axentes externos.
- As formas do relevo continental, costeiro e submariño.












