Arquivo do blog
OS MOVEMENTOS DA TERRA
¿ Quen se move: a Terra ou o Sol? ¿Algún dos dous está quedo?
Se nos deixamos guiar pola nosa percepción visual, o que parece que vemos é que quen se move é o Sol. Sae todas as mañáns polo Leste ( amencer ) e percorre o ceo durante o día describindo unha liña curva ata que se oculta polo Oeste ( atardecer, serán, luscofusco ).
Pero non te deixes engañar. Isto é o que chamamos “movemento aparente do Sol “ , aparente porque na realidade quen se move é a Terra.
Realmente, o noso planeta ten 2 movementos fudamentais:
E sí, o Sol tamén se move. ¡A unha velocidade de 777.600 km/h! ¿E cara onde vai? Xira arredor do centro da Viá Láctea cada e da unha volta cada 200 millóns de anos. Mira:
MOVEMENTOS DA TERRA: ROTACIÓN
Xa sabemos que unha das liñas imaxinarias é o eixo terrestre
, que ten unha inclinación de 23°27’. A Terra xira sobre si mesma arredor dese eixe, tardando 24 horas – é decir, un día solar (
) – en dar unha volta completa.
A todo isto, xa che dixemos por onde “sae” o sol e por onde se “oculta”. Pero,… a ver si o sabes: ¿ en que sentido xira a terra sobre si mesma? A resposta está aquí, na imaxe anterior, búscaa.
Aparte do movemento aparente do Sol, este movemento ten dúas consecuencias principais:
-
A sucesión día – noite: a metade do planeta está iluminada polo Sol, mentras que a outra está de noite. Pódes velo aquí a esta mesma hora: Earth View

Fonte: Wikimedia Commons
-
Os fusos horarios: Dividimos a Terra en 24 partes iguais – os fusos horarios – que se corresponden coas horas que ten o día. Así, a hora solar é diferente en cada fuso horario. Podes velo nestes enlaces:
-
-
Por certo, intenta respostar a estas cuestións:
-
Son as 12 da mañán. Vas facer unha viaxe en avión de 6 horas de duración. ¿Sería posible chegar a destino á mesma hora na que saiches, é decir, ás 12 da mañán? ¿Por qué? Para acertar debes pensar: cara onde vai ó avión ( Leste ou Oeste ) e cara onde é máis cedo e máis tarde ( Leste ou Oeste ).
-
Curiosidade: ¿ é posible vivir dúas veces o mesmo día? ¿ e saltar duns luns para un mércores? Pistas aquí:
-
Outra curiosidade. Todos coñecedes o libro de Jules Verne, A volta ó mundo en 80 días ( porque si non a coñecedes, … xa vai sendo hora )( Neste enlace podes o libro:
). Le o que lle pasou ó seu protagonista W. Fogg neste texto: preme aquí
-
















