Arquivo do blog
5. A HIDROGRAFÍA EN MAPAS
OS GRANDES RÍOS DO MUNDO
OS RÍOS DE EUROPA
OS RÍOS DA PENÍNSULA IBÉRICA
* Ríos da vertente cantábrica: proveñen na súa maioría da Cordilleira Cantábrica, polo que son moi curtos, salvan unha gran pendente nun curto espazo ( son moi erosivos ) e son moi caudalosos.
* Río da vertente atlántica: Na súa maioría discorren pola Meseta, son longos e cun caudal irregular ( no verán disminúen moito o seu caudal)
* Ríos da vertente mediterránea: son curtos, con irregular caudal, moi escaso nos meses do verán.
OS RÍOS DE GALICIA
O relevo galego, xunto coa abundacia de precipitacións, favorece a existencia dun elevado número de ríos, curtos, caudalosos e regulares. En Galicia temos 2 vertentes:
* Cantábrica: moi curtos e con pendentes fortes.
* Atlántica: son máis longos e caudalosos, pero con pendentes máis suaves.
3. AS AUGAS MARIÑAS
As augas mariñas teñen a característica principal de que son salinas, ainda que presentan diferente salinidade segundo sexan océanos e mares abertos, coma o Cantábrico, ou pechados coma o Mediterráneo ou o mar Morto. Por exemplo, neste último a salinidade é 10 veces máis ca un océano : as augas do mar Morto conteñen 35 gramos por litro.
A temperatura pode variar ente -2oC das augas polares e 36 oC do Golfo Pérsico, ainda que o promedio é duns 17 oC
A pesares do que podes pensar, as mareas e as ondas non son os únicos movementos das augas mariñas. As correntes mariñas son verdadeiros ríos nos océanos.
A auga dos océanos móvese constantemente en grandes círculos: son as correntes mariñas, que poden chegar a ter miles de quilómetros e que están gobernadas ou son provocadas por 3 causas principais:
O vento, o movemento de rotación terrestre e a corrente termohalina.
Así créase un sistema de grandes correntes, que ten a súa orixe na zona ecuatorial. As correntes ecuatoriais cálidas vanse desprazando cara ao oeste e ao chocar cun continente desvíanse cara ao norte e ao sur. Son:
-
a corrente nor e sur–ecuatorial
-
a corrente do Golfo (Gulf Stream)
-
a corrente de Kuro-Chivo
Ao moverse atraen cara á zona intertropical augas frías dos fondos ou das zonas polares. Son as correntes frías de:
-
Groenlandia e Labrador
-
Canarias
-
Benguela
-
California
-
Humbolt ou de Perú
-
Malvinas (ou Falkland)
-
Oya-Chivo
As correntes mariñas teñen moita influencia sobre os climas da Terra, aspecto que analizaremos no seu momento.
E non podemos esquecer que nas correntes frías existen ricos caladoiros de peixe que fan que a frota pesqueira galega percorrera máis de medio mundo: Terranova, Malvinas ou Namibia, por poñer tres claros exemplos.
Océanos e Continentes

Onde está…?
Como se chama ….?
Como son os continentes e océanos
… e porque non só se trata de coñecer o nome dos océanos e continentes, disfruta con estas imaxes:
Actividades Tema 1
ACTIVIDADES TEMA 1.
Para baixar as actividades correspondentes ó tema 1, preme aquí: actividades-tema-1

Tema 1 Introducción
TEMA 1 INTRODUCCIÓN Á XEOGRAFÍA. CONTINENTES E OCÉANOS. LIÑAS IMAXINARIAS. COORDENADAS XEOGRAFICAS.
Tema 1. INTRODUCCIÓN
TEMA 1. INTRODUCCIÓN Á XEOGRAFÍA.
CONTINENTES E OCÉANOS. LIÑAS IMAXINARIAS. COORDENADAS XEOGRÁFICAS.
PREME AQUÍ PARA BAIXAR O ARQUIVO EN PDF: TEMA 1





















