Esta galería contén 6 fotos.
Arquivo do blog
3. A ERA COMPOSTELÁ: O CAMIÑO DE SANTIAGO.
No proceso da integración de Galicia no Reino Astur, ocorre un feito de moita importancia para a cristiandade e decisivo para Galicia: a “invención” do sartego do Apóstolo Santiago ( ano 813 )
“ A mea noite se vieron as santas luces, (…) e pola mañá cantou misa o Santo Bispo en Solobio, e se foi a aquel lugar (…) Chegaron onde estaba a Santa Coba, e entrou dentro (…) E viron ser o Corpo do Apóstolo, o que tiña a cabeza courtada e o Bordón dentro cun letreiro que decía:
Aquí jaz Jacobo, Filho do Cebedeo e de Salomé, irmán de San Juan, que matou Herodes en Jerusalén, e veo por Mar co os seus discípulos hastra Iria Flavia de Galicia, e veo nun carro e Bois de Lupa, señora deste campo, e deiquí non quiseron pasar máis adiante…”.
Do prólogo do Libro de la “ Cofradía de Cambeadores “ ( S XIV )
Este relato recolle unha lenda popular que narra o descubremento do suposto sepulcro do Apóstolo Santiago nun bosque preto de iria Flavia ( Padrón ), no que un ermitaño de nome Pelaio foi testemuña da aparición de unhas estranas luces e dun cantos de anxos.
Segundo a tradición popular, ao lugar chamóuselle “CAMPUS STELLAE” ( campo da estrela ) e logo SANT-IAGO, e de aí deriva o nome actual da cidade: Santiago de Compostela.
Este acontecemento dará lugar a toda unha serie de peregrinacións a Compostela desde toda Europa a través do CAMIÑO DE SANTIAGO ( Ruta Xacobea pou Camiño Francés )e que terá consecuencias importantísimas a nivel social, económico e cultural:
-
A nivel económico: durante os S XII-XIII xurde o proceso de urbanización en toda Europa. En España, e sobre todo en Galicia, comenza a crearse núcleos urbanos ( burgos ou cidades ) a carón do Camiño de Santiago grazas ao xurdimento de hospederías, mercados e hospitais para atender aos peregrinos que se dirixen a Santiago. Así, desenvólvense toda unha actividade artesanal e comercial, que á súa vez, axudan a crecer ás cidades atraendo poboación cara elas.
-
A nivel social: Aparece, como consecuencia das novas actividades económicas, unha nova clase social:a burguesía, que se opoñerá ós privilexios dos nobles e eclesiásticos, causándose así revoltas contra os señores para obter unha maior autonomía das cidades, como en Santiago, onde no S XII houbo unha revolta contra Dona Urraca e o arcebispo Xelmírez.
-
A nivel cultural: O Camiño de Santiago fixo de vehículo de espallamento da cultura medieval europea, como p.ex., a arte románica.
O RELEVO DE GALICIA
O territorio galego, cunha superficie de 29.574 km2, sitúase na zona NO da Península Ibérica tendo coma límites terrestres Asturias, Castela-León ( León e Zamora ) e Portugal, e marítimos o O. Atlántico e o Mar Cantábrico.
O conxunto da paisaxe galega está constituida por un macizo constituido por rochas antigas e moi erosionadas. Podemos dividir o relevo galego nas seguintes unidades:
1.- Chairas litorais: estreitas chairas que se extenden por toda a costa de Galicia.
2.- Serras litorias: pequenas serras de pouca altitude ( uns 500 m ) coma a do Barbanza.
3.- Escalón de Santiago: ascensión do terreo cara o interior desde as costas.
4.- Serras Centrais e Septentrionais: tamén chamadas Dorsal galega, constituida por pequenas serras de non moita altitude ( 1000 m ):
Xistral
Serra Faladoira
Serra da Loba
Serra Cova da Serpe
Serra do Faro
Serra do Suido
5.- Terra Chá lucense: meseta duns 400 m de altitude situada ao norte, na provincia de Lugo.
6.- Depresións de Ourense, percorrida polo río Miño
7.-Serras Orientais: as montañas máis altas do país:
Serra de Meira
Ancares ( Penarrubia, 1822 m )
Courel
Serra do Eixe ( Pena Trevinca , 2.127 m )
Serra de Queixa ( Cabeza de Manzaneda, 1778 m )
Galicia ten unha costa duns 1.500 km temos que destacar as rías e os cabos. As rías podemos dividilas en:
-
Rías Altas: Ribadeo, Foz, Viveiro, Barqueiro, Ortigueira.
-
Rías do Golfo Ártabro: Ferrol, Betanzos, A Coruña.
-
Rías da Costa da Morte: Corme e Laxe, Camariñas, Corcubión
-
Rías Baixas: Muros e Noia, Arousa, Pontivedra, Vigo.










