Arquivo da categoría: Sen clasificar

A. OS MUSULMÁNS. AL-ÁNDALUS: ETAPAS

liña do tempo pen iber idade media

  • 711-756: A Conquista: o Emirato dependente.

Batalla de Guadalete (711): Á esquerda as tropas do rei visigodo Don Rodrigo e á dereita o exército de Tarik, caudillo musulmán

Batalla de Guadalete (711): Á esquerda as tropas do rei visigodo Don Rodrigo e á dereita o exército de Tarik, caudillo musulmán

En plena expansión do Islam polo Norte de África durante o Califato Omeia, os musulmáns cruzan o esterito de Xibraltar no ano 711, vencen na batalla de Guadalete aos visigodos e en só uns poucos anos conquistan a maioría da Península Ibérica.

Chamáronlle Al-Ándalus a estas terras conquistadas e Córboba convertiuse na súa capital: era o emirato dependente de Damasco.

  • 756 – 929: Emirato independente.

Abderraman I

Abderramán I, un príncipe omeia, fuxiu de Damasco ao facerse co poder a familia Abasí e exterminar á súa familia.  Chegou a Al-Ándalus e tomou o poder, proclamándose emir de Córdoba. Durante case 200 anos, Al-Ándalus foi un emirato independente, pero cheo de problemas e enfrontamentos:

  • internos

  • cos francos ( nos esquezamos aos carolinxios:  Carlomagno, Carlos Martel e a batalla de Poitiers, a Marca Hispánica … )

  • cos cristiáns que se refuxiaron nas montañas do Norte ( Cord. Cantábrica, Montes Vascos, Pireneos … )

  •  929 – 1031: Califato de Córdoba.

almanzor al_mansur 

Abderramán III fíxose forte e proclamouse Califa: non só ten o poder político, senon tamén o relixioso, independizándose de Baghdag. Serán os 100 anos máis brilantes da historia de Al-Ándalus. Destacou o xeneral Almanzor, moi temido polos cristiáns e que contan chegou a Santiago, de onde levou as campás da súa catedral a Córdoba. Esta cidade converteuise na máis importante de Europa.

  • 1031 – 1085: Reinos de Taifas.

Reinos de taifas

Tras a morte de Almanzor, Al-Ándalus desintegrouse en taifas, pequenos reinos débiles ( ata case 40 ) que para non ser atacados polos cristiáns debían pagarlle a estes tributos ( parias ).

  • 1085 – 1212: Almorábides e Almohades.

batalla navas tolosa

Para defenderse dos reinos cristiáns que estaban a expandirse cara o sur, os reinos de taifas pediron axuda aos musulmáns do Norte de África. Primeiro aos almorávides e logo aos almohades. Estes foron derrotados polos cristiáns na batalla das Navas de Tolosa ( 1212 ), quedando reducido o territorio musulmán ao reino de Granada.

  • 1212 – 1492 : Reino Nazarí de Granada.

Boabdil, derradeiro rei de Granada, entrega as chaves da cidade a Fernando de Aragón e Isabel de Castela, os Reis Católicos

Boabdil, derradeiro rei de Granada, entrega as chaves da cidade a Fernando de Aragón e Isabel de Castela, os Reis Católicos

A familia Nasr ( de aí o nome de Reino Nazarí ) gobernou sendo vasalos dos reis castelás ata que en 1492, os Reis Católicos ( Isabel de Castela e Fernando de Aragón ) acabaron por  conquistar o reino ao derrotar ao seu derradeiro rei Boabdil.

TRABALLO INICIAL DO TEMA

TEMA 3. O REXURDIR URBANO

PRESENTACIÓN DO TEMA POR GRUPOS.

1. GRUPOS:

  • O rexurdir urbano

  • A cidade medieval. Sociedade e actividades económicas urbanas

  • O nacemento da Pobra do Deán e do Caramiñal

  • Fortalecemento do poder real.

  • A crise baixomedieval.

2. Produto final:

  • Presentación ao resto da clase do tema, de xeito oral e apoiándose nunha presentación dixital.

  • Duración da presentación : 5-7 minutos

3. Tarefas:

  • Busca e fai unha lista das palabras clave.

  • Ordea as palabras clave.

  • A partir das palabras clave, fai un esquema.

  • Elaborar un pequeño texto expositivo  dividido en párrafos ( por exemplo, cada palabra clave , un párrafo )

  • Elaborar unha presentación dixital a partires do esquema e do texto , completando con imaxes ilustrativas. Tes un exemplo – guía de presentación aquí: MODELO PRESENTACION

4. Avaliación: Criterios de avaliación do traballo e da presentación oral. Vanse avaliar, por parte do profesor e tamén dos compañeiros,os seguintes aspectos:

 

Excelente 5

Ben 3

Mellorable 1

Deficiente 0

Elección acertada das palabras clave

 

 

 

 

Elaboración clara e ordeada do esquema

 

 

 

 

Estrutura, orde e claridade do texto

 

 

 

 

Calidade da presentación dixital

 

 

 

 

Presentación oral

 

 

 

 

Traballo en equipo

 

 

 

 

 

O EMPERADOR TEODOSIO PROHIBE OS XOGOS OLÍMPICOS

Acábase cunha tradición de máis de mil anos. O emperador loita contra rituais paganos, non cristianos

Constantinopla, ano 393 – Un recente edicto do emperador Teodosio declarou a suspensión definitiva dos Xogos Olímpicos, que se viñan celebrando desde o S VIII a.C. Según declaracións do propio emperador, esta é unha medida en favor do cristianismo e de loita contra as ideas paganas. Xa no ano 380, ao impoñer o cristianismo coma unha relixión autorizada no imperio, o mesmo emperador Teodosio puxo fin á liberdade de cultos que promulgara Constantino o Grande no Edicto de Milán no ano 313.

Pero as prohibicións de actos paganos non quedan aí. Tamén quedan fóra da lei a consulta de oráculos,  os sacrificios, visitar os templos dos deuses  ou examinar as entrañas das vítimas.

As competicións atléticas coñecidas co nome de Xogos Olímpicos foron convocadas por primeira vez no ano 776 a.C. Desde entón veñen celebrándose cada catro anos e tanta importancia chegaron ater no mundo grego que durante a súa celebración había unha tregua. Ata as guerras se detiñan. Destacaban as competicións de carreriras pedestres e de carros, os combates e o lanzamento de xabalina ou disco. Todos temos na mente a estatua do grande artista Mirón: o Discóbolo. As mulleres tiñan prohibida a sú participación.

Despois de 293 convocatorias, os Xogos Olímpicos pasan á historia.

Discóbolo de Mirón, estatua do 455 a.C.

A DIFUSIÓN DAS “LUCES”

  • Enciclopedia (1751-1776): Diderot e D’Alambert, coa colaboración dos “ilustrados” ( Voltaire, Rousseau, Montesquieu,…)

  • Base dos partidos políticos.

  • Xornais, academias científicas e humanísticas.

    PREME NA IMAXE

HMC

COMENTARIO DE TEXTOS.

TEMA 1  :  O ANTIGO RÉXIME.   A ILUSTRACIÓN

TEMA 2. A 1ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.

TEMA 3. A REVOLUCIÓN FRANCESA.

TEMA 4. REVOLUCIÓNS LIBERAIS. NACIONALISMO.

TEMA 5. CAMBIOS SOCIAIS S XIX.

TEMA 6. A 2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL. A EXPANSIÓN IMPERIALISTA.

TEMA 7. A REVOLUCIÓN RUSA

TEMA 8. A I GUERRA MUNDIAL.

TEMA 9. PERIODO DE ENTREGUERRAS. ECONOMÍA.

TEMA 10. PERIODO DE ENTREGUERRAS. DEMOCRACIAS E TOTALITARISMOS.

ATENAS. A DEMOCRACIA

A palabra democracia ven do grego demos ( pobo ) e kratos ( poder ): poder ou goberno do pobo.  Por primeira vez, aparece un tipo de goberno no que o cidadán ten dereitos e participa nas decisión políticas. Podemos decir así, que a democracia ateniense é o berce da actual democracia.

No S V a.C. superáronse as formas de goberno oligárquicas ( goberno duns poucos )e coas tiranías ( poder absoluto dunha soa persoa ).

Figuras como Pericles, acentuaron as reformas políticas de Solón e Clístenes, e deron lugar ao sistema democrático. As institucións máis destacadas eran:

  •  Asemblea ( Eclesia ): formada por todos os cidadáns maiores de 18 anos.

  • Consello ( Bulé ): 500 membros maiores de 30 anos elexidos por sorteo anual.

  •  Maxistrados: os gobernantes da polis.

Debemos finalmente poner o acento na idea de que esta era unha democracia moi restrinxida, coa participación dun 10% da poboación da polis.

2. CARACTERÍSTICAS DAS CIVILIZACIÓNS URBANAS

  • Economía:

    • A base conómica destas civilizacións era a agricultura e a gandería ( ovellas, cabras, cabalos, porcos…) Aproveitaron as augas destes grandes ríos para desenvolver unha agricultura de regadío máis avanzada e que aumentou a produción de alimento: cereais, hortalizas, ademáis de liño e algodón, así como fibras textís.

    • Tamén practicaron a artesanía e o comercio.

    • Por outra parte, a guerra convértese nunha actividade económica máis na que se apoderaban das riquezas dos “inimigos”.

    - Sociedade: a sociedade fíxose máis complexa e xerarquizada, debido a que se diversifican as labouras económicas. A agricultores, pescadores, cazadores, pastores, incorporáronse artesáns ( carpinteiros, alfareiros, albañiles, ferreiros, canteiros, tecedores ….), comerciantes, militares, funcionarios, sacerdotes … Formáronse así grupos con diferente categoría social e económica.:

    •  Privilexiados, que teñen o poder político, económico e social: rei e familia real, altos funcionarios e militares, sacerdotes. P.ex.: o faraón e a súa familia; os escribas chegaron a ser funcionarios moi importantes debido ao seu coñecemento da escritura e do cálculo, necesario para recaudar os impostos, do que se encargaban os funcionarios apoiados no exército.

    • Maioría da poboación, que non teñen privilexios e pagan impostos: agricultores, gandeiros, artesáns e comerciantes.

    • Os escravos, básicamente individuos que son propiedade doutra persoa e traballan para ela. Pode chegar a esta situación, entre outros, por ser prisioneiro de guerra, por débedas ou por nacemento ( ser fillo de escravo).

  • Política: xurde a figura do rei. É un gobernante e un xefe militar, ademáis dun deus. Son estados teocráticos ( de theos – Deus – e kratos – gobernó ), nos que o rei é unha figura divina, o seu poder é o dun deus. Pensa na figura dun faraón exipcio: un home-rei-deus con poder absoluto.

  • Carácter urbano: a cidade é o centro político, comercial, administrativo e relixioso.  A cidade mesopotámica de Ur chegou a ter 1.200 m. de longo por 800 m. de anchura, con máis de 350.000 habitantes.

  • Usan a escritura, polo que entran xa na Historia. A escritura invéntase en Mesopotamia ( escritura cuneiforme) e tamén en forma de xeroglíficos en Exipto, os ideogramas chineses e o alfabeto fenicio, antecedente de nuestro abecedario actual, pero só contaba con 22 consonantes, ás que máis tarde os gregos agregaron as vocais.

SOLUCIÓNS AO TEST DA CAPACIDADE CRANEAL

1.-Resposta correcta:

a.Os dentes que se lle caeran durante a súa vida; un brazo arrancado,un can morto, cordas para atar os brazos e as pernas.

2.-Resposta correcta:

b. Excrementos fósiles de bebé, que os adultoa botaban ao lume e así se cocían e endurecían, consevándose para que os arqueólogos os examinaran.

3.-Resposta correcta:

c. Sangue . Mezclando os pigmentos pulverizados con sangue a pintura deslizábase más fácilmente sobre as paredes. Probablemente tamén mezclaba as pinturas con graxa.

4.-Resposta correcta:

b. Musgo. Atopuse un home primitivo conservado no xeo que levaba musgo nunha bolsa tecida con herbas, que lle servía coma papel hixiénico.

5.-Resposta correcta:

c. Un home rico ( e moi namorado) que o quería para regalarllo á súa muller. Cecil Chubb comprou o monumento para regalarllo á señora Chubb. En 1918 donaron o monumento ao gobernó británico.

6.-Resposta correcta:

c. Conxelándoas ( aínda que non tiñan frigoríficos nin luz eléctrica, ¡ que liiiistoooos!). A cultura de Tihuanaco en Bolivia vivía en lugares tan altos dos Andes que a temperatura podía baixar a -20ºC pola noite. Salpicaban as súas patacas con auga e as deixaban á intemperie pola noite para que se conxelaran e conservaran.

7.-Resposta correcta:

c. Nunha tenda china en 1899. En China criase que os dentes de dragón tiñan poderes máxicos. Así, mercábanse dentes fósiles que se moían e convertían en polvo. Daquela pebsouse que era humano, ainda que hoxe en día dubídase e crese que é dun simio.

8.-Resposta correcta:

a.Cepillar os dentes. O esqueleto dun hxove paleolítico amosaba sinais de terse cepillado os dentes son regularidade.

9.-Resposta correcta:

a.Os homes paleolíticos norteamericanos. Sábese que utilizaban unha especie de bumerán no 12.000 a.C., ainda que non regresaban ao mesmo sitio.

10.-Resposta correcta:

a.Botando “petardos “ a unha fogueira. Hai uns 25.000 anos, os homes paleolíticos facían figuras de cerámica em`papadas en auga que estalaban ao botalas á fogueira.

11.-Resposta correcta:

c. Tirábanlle flechas ós cadáveres. Ocurría en Suecia, ainda que non se sabe o motivo.

12.-Resposta correcta:

b. Facendo un burato na cabeza. A maioría dos pacientes morrían , pero algún sobrevivían. Atopouse un cráneo con 7 buratos o que quere decir que sobreviviu a 7 operacións ( sábese porque o óso seguiu a crecer). Crían que deste xeito os demos saían do interior da cabeza.

13.-Resposta correcta:

b. Porque cando atoparon os restos soaba unha canción dos Beatles: Lucy in the sky with diamonds.

14.-Resposta correcta:

b. … o tamaño do cráneo era tan grande coma o do ciclista 5 veces campeón do Tour de Francia Miguel Induráin.

15.-Resposta correcta:

b. Un cocido galego nunha cunca.

VÍDEOS PREHISTORIA

Ler o resto desta entrada

6.- A AUGA NO MUNDO: PROBLEMAS E DESAFÍOS.

O futuro é voso, dos xoves… e sodes vós os que vos veredes máis afectados polos problemas que teñen relación co cambio climático e a degradación do medio ambiente, os alimentos, a enerxía, e o desafío continuo que supón a pobreza no mundo. As decisións que agora se tomen sobre eles, influirán na vosa vida, e ¡ incluso poderían determinar canto tempo ides vivir ! 1

Imos analizar a situación con respecto á auga no mundo, e que está moi en relación con eses problemas.

 Deterioro do medio ambiente.

En moitas rexións, o medio ambiente está tendo un profundo deterioro e temos moitas especies animais e vexetais en perigo de extinción ( máis de 10.000 no ano 2011 ). Continuamente se verten contaminantes ao medio acuático, produto da agricultura, a industria, as augas residuais non tratadas – que non pasan por depuradoras – produto do uso doméstico, …

O exemplo máis claro témolo moi preto de nós: nas Rías galegas, en 2011, detectáronse máis de 450 puntos onde hai vertidos contaminantes ( máis de 150 na ría de Arousa )2

Por outra parte a auga e o cambio climático están estreitamente relacionados: desertización nunhas zonas, inundacións noutras, aumento da temperatura media do planeta …

A baixada no nivel de grandes ríos en África afecta a países tan pobres coma Ghana , Guinea, Mali ou Nixeria, que dependen deses ríos para auga potable, agricultura ou transporte. Outras veces, coma na conca do río Zambeze, as inundacións provocan numerosos problemas. Na imaxe anterior vemos o lago Chad, inmerso nun proceso de desecado pola falta de precipitacións.3

Acceso a auga potable = Saúde

Unha persoa necesita, segundo a ONU, un mínimo de 50 litros de auga potable todos os días para satisfacer as súas necesidades alimenticias, hixiénicas e domésticas. Sen auga potable, a xente non pode levar unha vida sana. 4

Dúas de cada tres persoas sen acceso a auga potable sobreviven con menos de 2 € ao día e unha de cada tres faino con menos de 1 € diario. Máis 1.000 millóns de persoas no planeta non teñen acceso a auga potable ( = limpa) e case a metade da poboación mundial non ten saneamento adecuado. Isto supón ter que camiñar longas distancias cada día na búsqueda para beber – potable ou non – co único propósito de sobrevivir, ou sufrir malnutrición ou enfermedades evitables causadas por sequías, inundacións o un saneamento inadecuado

¿Consecuencias? Só a diarrea mata a 5.000 nenos ¡ cada día ! No 2011 xa se levan rexistrados 85.000 casos de cólera. A falta de acceso a auga potable provocou a rápida expansión da enfermidade. 5

No mundo morren ao ano máis de 5 millóns de persoas por enfermidades relacionadas coa auga: ¡ 10 veces máis que as causadas pola guerra!

 Compartir os recursos hídricos

As augas, tanto superficiais coma subterráneas, non distinguen as fronteiras políticas: un tercio de todas as concas son compartidas entre máis de dous países.

Nos últimos 50 anos, rexistráronse máis de 500 conflitos internacionais.

Auga, alimentos e agricultura

A agricultura é o maior consumidor de agua do mundo. O riego consume cerca do 70 % de todo a auga doce apta para o consumo humano. Polo tanto, calquera crise da auga xenera unha crise de alimentos. Preto de 1.000 millóns de persoas no mundo carecen de acceso a unha alimentación suficiente, sufren malnutrición.

Algúns datos son ben significativos:

*  A produción dun kilo de tenreira require 16.000 litros de auga.

*  Para producir unha taza de café necesítanse 140 litros de auga.

*  Un kilo de cereais necesita para a súa produción 3.000 litros de auga.6

 Enerxía

A maior parte da enerxía que producimos na actualidade procede de fontes non renovables coma o petróleo, o gas natural e o carbón. A enerxía hidráulica é unha das formas máis limpas de xenerar electricidade. Sen embargo, é importante que as obras hidráulicas se leven a cabo respetando o medio ambiente.

 Aumento da poboación

A cantidade de auga no noso planeta é finita. O número de habitantes está crecendo rapidamente e a utilización da auga crece ainda en maior medida.

O número de habitantes do planeta pasou en 50 anos de 2.500 a 7.000 millóns no ano 2011. Hoxe en día, ademáis, máis da metade da poboación vive en zonas urbanas ( vilas, cidades ) que necesitan suministro de auga e saneamento da mesma. Agora pensa: ¿Nun slam ( barrio de chabolas ) dun país pobre, contarán con estas dúas cousas?

Temos que reflexionar sobre este dato: o consumo de agua creceu a un ritmo que duplica o do aumento da poboación mundial. 7

Sen embargo, conseguir o acceso universal ao mínimo de 50 litros diarios/persoa só significa o 1% da cantidade de auga que se usa hoxe no mundo. ¿Reparto desigual?¿Solucións?¿Cal pensas que é o desafío máis importante relacionado coa auga?8

Agora podes reflexionar sobre os problemas e desafíos aos que nos enfrontamos. Pensa arredor diso intentando contestar ás seguintes cuestións:

1 ¿Por qué cres que eses problemas vos van afectar máis a vós no futuro que na actualidade?

2¿Pensaches algunha vez onde van as augas que usas a diario e si se tratan nalgunha depuradora?¿Que pensas ao respecto?

3¿Poderá afectar o cambio climático á nosa vida diaria? ¿ E ás persoas que viven nos países que no texto se nomean? ¿Afectaranos por igual?¿Por que?

4¿Parécenche moito 50 litros? Mira a gráfica: ¿ onde se usa máis e onde menos? ¿Queres saber cantos usas ti  a diario? Calcúlao premendo aquí

.5¿Usarías auga non potable para beber ou cociñar?¿Por que? Entón, ¿Por qué cres que hai tantas mortes por enfermidades relacionadas coa auga?

6¿Teñen algunha importancia estes datos? Intenta explicalo.

7¿Qué consecuencias pode ter este dato? ¿ En que tipo de países terá consecuencias máis negativas?

8¿Reparto desigual?¿Solucións?¿Cal pensas que é o desafío máis importante relacionado coa auga?

Pode axudarvoa a reflexionar sobre estes temas este cómic sobre a auga: De quen é a auga ? ( Consello da Cultura Galega )

 Por último visita esta web no que de seguro aprenderás un montón sobre a biosfera: Proxecto Biosfera

Fontes: www.bbc.co.uk ; WWAP UNESCO ( ONU ); elaboración propia.