Arquivo da categoría: 1º ESO
ESPARTA. A OLIGARQUÍA
A rivalidade entre Atenas e Esparta acentuábase ainda máis si cabe polas diferenzas políticas entre elas. Esparta , como a maioría de polis gregas, adoptou un sistema de goberno oligárquico: o goberno dun reducido número de grandes propietarios de terras ( terratenentes ): os aristócratas ( goberno dos mellores ).
As institucións máis importantes eran:
-
Consello de anciáns ( Xerusía ): administraban xustixa e lexislaban.
-
Asemblea ( Apella ): só ratificaba as decisión do consello.
-
5 maxistrados ( éforos ): os que gobernaban.
-
Diarquía: dous rei que só ostentaban o papel de xefes do exército.
Esparta era unha sociedade militar, na que o exército tiña un papel determinante. Así é que os nenos eran apartados da súas familias con 7 anos para ter unha disciplina e educación militares.

A SOCIEDADE DA ANTIGA GRECIA
Podemos facer dúas clases de división na sociedade grega: libre/escravos e cidadáns/non didadáns:
-
Libres: homes libres que non pertencían a ninguén. Podían ser:
-
Cidadáns: homes libres nacidos na polis e que tiñan dereitos políticos; podías participar nas decisión de goberno. Eran unha minoría ( un de cada dez habitantes das polis ) na que destacaban os grandes propietarios de terras e os ricos comerciantes. No S Va.C. de preto de medio millón de habitantes, en Atenas só había 40.000 cidadáns.
-
Non cidadáns: Chamados metecos en Atenas e periecos en Esparta, eran inmigrantes ( estranxeiros ) que non tiñan dereitos políticos, ainda que podían chegar a ser ricos artesáns ou mercaderes.
-
Escravos ( ilotas en Esparta ): non tiñan ningún dereito e eran considerados como meras mercadorías.
Xogo: Unha casa grega
5. ARTE
“O home é a medida de todas as cousas “, decía o filósofo Protágoras na Grecia do S V a.C. Esta frase fainos ver a importancia do humanismo que está marcado a lume na cultura e civilizacións gregas e que vai chegar ata os nosos tempo. Os ideais de proporción, equilibrio, harmonía, beleza nacen aquí, na Hélade, hai máis de 2.500 anos.
-
ARQUITECTURA.
Xa falamos de que a arquitectura mesopotámica tivo dúas grandes aportacións: o arco e a bóveda. Sen embargo, a arquitectura grega vai ser adintelada ( non usa nin arco nin bóveda ), empregando coma elemento sustentante a columna.
Para ver unha explicación das orde gregas preme aquí
O edificio máis representativo é o templo, entendido como a casa dos deuses: de aí que a función principal do templo era albergar a estatua do deus ou deusa ao que estaba adicado.
O exemplo máis destacado de templo grego é o Partenón, na Acrópole de Atenas, adicado a Atenea

-
ESCULTURA.
Como xa dixemos, os gregos danlle moito protagonismo ao ser humano, buscando no caso da escultura o ideal de proporción e beleza. En materiais coma o mármore ou bronce representan a deuses e deusas, atletas, héroes … evolucionando desde a influencia da frontalidade exipcia na época arcaica ata os magníficos exemplos de escultura clásica de Fidias, Mirón, Policleto ou Praxíteles
4. ÉPOCA CLÁSICA ( S. V -IV a.C. : 498-338 a. C. )
Esta é a etapa de esplendor das dúas polis máis importantes da Grecia Clásica: Atenas e Esparta.
A primeiros do S V a.C. o imperio dos persas ( tamén chamados medos ) que tiña a súa orixe nas lonxanas e antigas terras de Mesopotamia, intentou conquistar o territorio da Hélade. Son as Guerras Médicas ( 500 – 479 a.C.) As polis uníronse e venceron nas batallas de Maratón (490 a.C.) e Salamina ( 480 a.C.): XOGO. Atenas está no seu apoxeo, Esparta é o seu rival.
Arredor delas, as demáis polis formaron alianzas , enfrontándose na Guerra do Peloponeso (431 – 404 a.C.) Esparta saiu vencedora, pero a Hélade quedou debilitada, o que foi aproveitado polo rei Filipo de Macedonia, que no 338 a.C. acabou coa súa independencia.
A SOCIEDADE
ATENAS. A DEMOCRACIA
ESPARTA. A OLIGARQUÍA
3. ÉPOCA ARCAICA ( S. VIII – VI a.C. )
-
As polis: cidades-estado independentes cuxo centro era a cidade, que estaba rodeadas por un territorio rural (aldeas, campos de cultivo, bosques, …). Chegou a haber máis de 200 polis, ainda que as máis coñecidas e importantes eran Atenas e Esparta. Nesta época o gobernó das polis estaba en mans da oligarquía ( unha minoría privilexiada: a aristocracia), pero a finais desta etapa xurdiron revoltas sociais contra este sistema de goberno. Figuras de tiranos coma Pisístrato ou de lexisladores coma Solón ou Clístenes levan a cabo reformas neste tipo de goberno e poñen as primeiras pedras do camino cara a democracia ateniense.
-
As colonizacións: o aumento da poboación xunto cun desigual reparto das terras ( a oligarquía tiña nas súas mans a mayoría ) levou aos gregos a fundar colonias: cidade fóra do territorio grego ( no Mar Negro e no Mediterráneo, ata a Magna Grecia en Italia o una Península Ibérica) que tiñan carácter comercial. As colonias seguían en contacto coa metrópole ( polis de orixe ). As colonizacións contribuiron a un gran desenvolvemento económico e a espallar a cultura grega por todo o Mediterráneo ( a moeda, a arte, o alfabeto …. ) Ademáis, os grupos que sairon favorecidos polo auxe económico, pediron máis participación no goberno: pedían a democracia.
2. CANDO ?
Neste marco territorial foise desenvolvendo pouco a pouco, con influencias orientais ( das antigas civilizacións mesopotámicas e exipcia ), a civilización minoica na illa de Creta e a micénica ( con centro en Micenas ).
Pazo de Cnosos. Civilización minoica ( Creta )
Os helenos nunca tiveron un Estado unificado, pero si un idioma, unha relixión, unha cultura e unha historia comúns das polis. Esta podemos dividila en tres etapas:
-
Época arcaica ( S. VIII – VI a.C. ): as polis e as colonizacións
-
Época Clásica ( S. V -IV a.C. : 498-338 a. C. ): a etapa de maior esplendor das polis: Atenas e Esparta.
-
Época helenística ( S. IV – III a.C.: 338 – 30 a.C. ): época do imperio de Alexandre Magno e dos reinos helenísticos.
Prema na imaxe para ver un flash sobre Alexandre Magno
1. ONDE?
Introducción á Grecia Clásica: preme aquí
O relevo de Grecia
No Mediterráneo Occidental atopamos o territorio que os antigos gregos chamaron Hélade: o sur da Península Balcánica, as illas dos mares Xónico e Exeo e as costas da Península de Anatolia ( a actual Turquía) vaise desenvolver a civilización grega, berce da civilización occidental. Este territorio ten unha serie de características que van influir na civilización grega clásica:
-
Un clima seco e caluroso e un relevo con montañoso, con pequenos vales e chairas que separan as cadeas de montañas. Isto vai dificultar o desenvolvemento da agricultura e as comunicacións, favorecendo o nacemento das polis.
-
A importancia que ten o mar: todos os puntos do territorio grego están preto da costa, o que vai favorecer a navegación e o comercio marítimo con outros pobos do Mediterráneo.
4. EXIPTO
Exipto é unha terra “atrapada” e, ao mesmo tempo, defendida polos desertos de Arabia e Sahara. Pero ten a sorte de contar cunha canle de rego, cun oasis coma é o río Nilo. Ao longo del vaise desenvolver a unha das civilizacións máis avanzadas da antigüedade, tanto na parte do Alto Exipto ( o val ) coma no Baixo Exipto ( o delta, á beira do Mediterráneo ).
Desde arrdeor do 6.000 a.C., os exipcios foron quen de controlar as crecidas do Nilo mediante canles que distribuían a auga do río nas terras de cultivo. Foron perfeccionando así unha agricultura de regadío, producindo suficiente alimento para unha poboación que foi crecendo.
Podemos dividir a historia do Antigo Exipto en varios etapas:
-
Imperio Antigo ( 3100 – 2200 a.C.): Con capital en Menfis, os faraóns crearon un estado poderoso e construiron as grandes pirámides ( Keops, Kefrén e Micerinos )
-
Imperio Medio ( 2055 – 1795 a.C. ): Con capital en Tebas, o imperio estendeuse cara o Sur ( Nubia )
-
Imperio Novo ( 1550 – 1069 a. C ): Os exipcios conquistan Siria e Palestina. É a época do gran faraón Ramsés II ( que reinou durante máis de 60 anos), de Amenofis IV ou de Tutankamón.
-
Baixa Época ( 750 – 323 a.C. ): Exipto entra en decadencia e foi conquistado por Asiria, Babilonia e os persas.
-
Época helenística ( 323 – 30 a.C.): Comenza coa invasión por parte de Alexandre Magno e remata coa invasión romana na época de Marco Antonio e Cleopatra.
Na civilización exipcia, o personaxe máis importante era o faraón. Ostentaba todo o poder ( político, militar, relixioso ) e era a encarnación do Horus ou fillo do deus Ra. Estaba axudado nas súa tarefas por gobernadores e funcionarios que sobre todo se adicaban á recaudación de impostos e a facer cumprir as leis.
Como podemos concluir pola figura do faraón, a relixión era un aspecto moi importante da vida no Antigo Exipto. Coma en Mesopotamia era unha relixión politeísta: Ra ( deus do sol), Osiris ( deus dos mortos ), Horus ( deus da guerra), Isis ( deusa da fertilidade ) e moitos máis. Crían na vida do “ Máis alá”, onde Osiris levaba aos corpos incorruptos ( polo que embalsamaban os mortos para convertilos en momias ).
Igual que os mesopotámicos, os exipcios coñecían a escritura. Representaban as palabras mediante debuxos e símbolos diversos: os xeroglíficos.
¿Queres escribir o teu nome en xeroglificos exipcios? Pincha aquí
A arquitectura exipcia era plana ( arquitrabada: non usaban nin o arco nen a bóveda ), sendo a columna e os muros os elementos máis destacados. As edificacións máis sobresaíntes eran:
-
Templos: de enormes dimensións, estaban concebidos como a casa dos deuses. Os exemplos máis sobresaíntes son os de Karnak, Luxor e Abu Simbel.
-
Tumbas:
-
Mastaba: pequeñas pirámides truncadas.
-
Pirámides: tumba onde se enterraba ao faraón con numerosos tesouros. Por iso están cheas de galerías, cámaras falsas, … para evitar a entrada de ladróns. As máis coñecidas son as de Keops, Kefrén e Micerinos.
-
Hipoxeos: tumbas escavadas na rocha, coma o famoso do faraón Tutankamón.
-
Máis sobre pirámides
-
En canto á escultura e pintura destaca a lei da frontalidade:
-
Na escultura podemos dividir o corpo en dúas metades iguais ( simétricas ) seguindo unha liña polo nariz e embigo. Repfreséntanse faráons, deuses e personaxes coma os escribas.
-
Na pintura representa a cabeza e as pernas de perfil, mentras que o ollo e o tronco están de frente. Representan esceas da vida cotiá nas paredes de templos e tumbas.
-

Libro dos mortos
Texto funerario que consistía nunha serie de sortilexios que axudaban aso mortos a superar o xuizo de Osiris
Actividades interactivas para coñecer a arte exipcia
Momias de animais
Preme na imaxe
3. MESOPOTAMIA
Na zona de Oriente Próximo comprendida entre os ríos Tigris e Éufrates, o que sería o actual Irak, desenvoloveuse a civilización mesopotámica ( “ terra entre ríos” ) entre o 3.500 a.C. e o 539 a.C., ano en que os persas conquistaron este territorio.

Podemos dividir a historia mespotámica en 2 grandes etapas:
-
As cidades- estado: Sumeria ( 3.500 – 2.300 a.C.). O gran desenvolvemento agrícola e comercial orixinaron a creación das primeiras cidades: Ur, Uruk, Lagash e Eridú. Eran ciudades verdadeiramente independentes ( moitas veces rivais entre si ), rodeadas de murallas defensivas e que estaban rodeadas por un territorio rural con terras de cultivo. En Sumer podemos decir que naceu a Historia, xa que foron os primeiros en usar a escritura ( escritura cuneiforme, en forma de cuña ).
-
Os imperios. Algunhas destas ciudades-estado chegaron a conquistar e dominar militarmente territorios más amplos, creando así imperios:
Imperio Acadio ( 2.350 – 2.220 a.C. ) , creado polo rei Sargón con capital na cidade de Acad.
Imperio Babilonio ( 1.800 – 1.600 a.C. ). A cidade de Babilonia creou un imperio que tivo gran esplendor en tempos de Hammurabi ( 1.792 – 1.750 a.c. ?). Este rei unificou todas as leis das ciudades mesopotámicas nun só código ( Código de Hammurabi ) para así evitar que cada un “ tomara a xustiza pola súa man “
Imperio Asirio ( 1.530 – 625 a.C.), pobo guerreiro do norte, chegou ata o Mediterráneo en tempos de Asurnasirpal II ( 883 – 859 a.C.)
Imperio persa ( 539 a.C. – 332 a.C.). No 539 a.C. o imperio persa conquistou, dirixido por Ciro o Grande, Mesopotamia. Este imperio mantívose ata a chegada de Alexandre Magno no 332 a.C.
A relixión en Mesopotamia era politeísta ( varios deuses e deusas: Ishtar, deusa da guerra; Marduk, deus da creación; Anu, deus do ceo, …). O templo era o centro da cidade e tiñan no seu recinto sagrado un cigurat ou montaña de deus ( torre escalonada, con rampas e escalinatas, rematando nun altar e un observatorio astronómico.)
Este tipo de edificio – o cigurat – era un dos exemplos da arquitectura mesopotámica, que fixo dúas achegas moi importantes: o arco e a bóveda. Construían pazos e templos en materiais pouco duradeiros: adobe ( mistura de barro e palla secado ao sol ) e ladrillo.
En canto á escultura, destacan:
-
Estatuas: figuras sedentes ( sentadas ) ou en pé de reis, sacerdotes ou deuses (Gudea de Lagash), ou touros alados asirios
-
Relevos ( figuras esculpidas sobre unha superficie plana ) que representan escenas de caza ou guerra (P.ex: relevos do pazo de Asurbanipal na cidade de Nínive no S VI a.C.), ou mesmo o Código de Hammurabi ou os azulexos esmaltados (como se pode ver na porta de Ishtar en Babilonia)
Outras aportacións da cultura mesopotámica son o calendario ( 12 meses lunares de 30 días cun día máis cada 6 anos ) ou os estudos de astronomía.

Kudurru onde se poden ver representacións dos astros
Máis sobre Mesopotamia:
Civilización mesopotámica
Asiria
Imperio Persa
Israel e Fenicia
2. CARACTERÍSTICAS DAS CIVILIZACIÓNS URBANAS
-
Economía:
-
A base conómica destas civilizacións era a agricultura e a gandería ( ovellas, cabras, cabalos, porcos…) Aproveitaron as augas destes grandes ríos para desenvolver unha agricultura de regadío máis avanzada e que aumentou a produción de alimento: cereais, hortalizas, ademáis de liño e algodón, así como fibras textís.
-
Tamén practicaron a artesanía e o comercio.
-
Por outra parte, a guerra convértese nunha actividade económica máis na que se apoderaban das riquezas dos “inimigos”.
- Sociedade: a sociedade fíxose máis complexa e xerarquizada, debido a que se diversifican as labouras económicas. A agricultores, pescadores, cazadores, pastores, incorporáronse artesáns ( carpinteiros, alfareiros, albañiles, ferreiros, canteiros, tecedores ….), comerciantes, militares, funcionarios, sacerdotes … Formáronse así grupos con diferente categoría social e económica.:
-
Privilexiados, que teñen o poder político, económico e social: rei e familia real, altos funcionarios e militares, sacerdotes. P.ex.: o faraón e a súa familia; os escribas chegaron a ser funcionarios moi importantes debido ao seu coñecemento da escritura e do cálculo, necesario para recaudar os impostos, do que se encargaban os funcionarios apoiados no exército.
-
Maioría da poboación, que non teñen privilexios e pagan impostos: agricultores, gandeiros, artesáns e comerciantes.
-
Os escravos, básicamente individuos que son propiedade doutra persoa e traballan para ela. Pode chegar a esta situación, entre outros, por ser prisioneiro de guerra, por débedas ou por nacemento ( ser fillo de escravo).
-
-
Política: xurde a figura do rei. É un gobernante e un xefe militar, ademáis dun deus. Son estados teocráticos ( de theos – Deus – e kratos – gobernó ), nos que o rei é unha figura divina, o seu poder é o dun deus. Pensa na figura dun faraón exipcio: un home-rei-deus con poder absoluto.
-
Carácter urbano: a cidade é o centro político, comercial, administrativo e relixioso. A cidade mesopotámica de Ur chegou a ter 1.200 m. de longo por 800 m. de anchura, con máis de 350.000 habitantes.
-
Usan a escritura, polo que entran xa na Historia. A escritura invéntase en Mesopotamia ( escritura cuneiforme) e tamén en forma de xeroglíficos en Exipto, os ideogramas chineses e o alfabeto fenicio, antecedente de nuestro abecedario actual, pero só contaba con 22 consonantes, ás que máis tarde os gregos agregaron as vocais.













































