Arquivo por autores: xosemaneiro
Filipe II
En 1556 recibiu a coroa ao abdicar o seu pai Carlos I e en 1580 anexiou Portugal, reino recibido en herdanza ( lembra a política matrimonial dos Reis Católicos ).
Filipe II loitou por dous obxectivos:
1. A defensa do catolicismo en Europa contra o protestantismo, xudaísmo e islamismo. Levou isto á rebelión dos Países Baixos ( en 1581 a parte norte protestante conseguiu a independencia ) e dos moriscos de Granada ( 1567-70).
2. Manter a hexemonía da monarquía hispánica en Europa, loitando contra Francia ( vitoria nas batallas de San Quintín ), contra o imperio turco ( vitoria na batalla de Lepanto ) e Inglaterra ( fracaso da Armada Invencible no seu intento de conquista de Inglaterra ). Como represalia por este intento de conquista, os ingleses ao mando de Francis Drake atacaron A Coruña, ataque no cal destacou a defensa que da cidade fixo María Pita.
Carlos I
O monarca máis poderoso de Europa grazas a herdar un inmenso imperio, foi elexido emperador do Sacro Imperio Romano xermánico en 1519, que quería converter no Imperio cristián universal ( Universitas Christiana ).
Problemas internos: revoltas contra a política do rei ( comunidades de castela ) e contra os abusos señoriais ( xermanías ne Valencia e Mallorca )
-
Guerras: contra Francia ( pola hexemonía en Europa ), contra os protestantes no Imperio alemán e contra os turcos.
-
No seu reinado levouse a cabo a conquista dunha enorme extensión de territorios en América.
Os Reis Católicos
A unión matrimomial de Sabela I de Castela e Fernando II de Aragón, supuxo o comenzo da integración territorial dos diferentes territorios e reinos peninsulares baixo unha única autoridade:
- 1479: co seu casamento uniron …
…. a Coroa de Castela,centro da monarquía hispánica, na que estaban integrados os reinos de Galicia e León,
… coa Coroa de Aragón, con Cataluña e os reinos de Valencia, Mallorca e Nápoles
- 1492: Conquista do Reino de Granada
- 1512: incorporación por conquista do Reino de Navarra
Para impoñer a súa autoridade en todos estes territorios, os reis Católicos levaron unha política de reforzo da autoridade monárquica ( autoritarismo ) e de formación dun Estado moderno, na liña do que xa vimos. Por exemplo, en Galicia, despois das revoltas irmandiñas, impuxeron a súa autoridade coa figura do Xustiza maior do Reino, co Tribunal da Real Audiencia, co Capitán Xeral, coa Xuntas do Reino, ou co castigo aos nobres galegos que non obedecían a a súa autoridade ( p.ex. O axustizamento do mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo no 1483 )
Por outra parte, os reis Católicos levan a cabo unha política de alianzas matrimoniais con países coma Portugal, Inglaterra ou Austria.
6. O DESCUBREMENTO DE AMÉRICA
No seu intento de circunvalar a Terra para chegar ás Indias Orientais ( Asia ), Cristóbal Colón partiu de Palo de Moguer ( Huelva ) ao mando dunha flota formada por dúas carabelas ( a Pinta e a Niña ) e unha nao ou carraca (a Santa María ) que o 12 de outubro de 1492 chegou ao que eles pensaban que era Cipango ( Xapón ) pero, en realidade, era a Illa Guanahaní . Tes que saber que Colón tivo un erro de cálculo : pensaba que a Terra tiña uns 30.000 km no Ecuador, cando na realidade ten 40.000.
A primeira nova do novo decubremento chegou coa nave de Martiño Alonso Pinzón a Baiona ( Pontevedra ) en marzo de 1493. Colón orrería sen saber que as terras ás que el chegara non eran Asia, senon un “novo” continente, que recibiría o nome de Américo ( en honor ao navegante e cartógrafo Americo Vespucio ).
A Conquista e Colonización de América.
Unha vez chegaron os españois aos novos territorios comenzou a súa conquista e colonización, proceso que se levou a cabo de xeito relativamente sinxelo e rápido grazas á superioridade militar española. Nun primeiro momento concentrouse nas chamadas Antillas ( Mar Caribe ) con contactos nas zonas de México e Florida, ata que chega a época dos grandes conquistadores (1519 – 40) , destacando sobre todos:
-
Hernán Cortés: imperio Azteca ( México )
-
Francisco Pizarro: imperio Inca
Nos seguintes anos, rematouse a conquista co que hoxe en día é Hispanoamérica ( excepto Brasil que será portugués ) e zonas da actual EE.UU.
As consecuencias da conquista son moitas, variadas e non sempre positivas. Podemos destacar:
-
Europeización do mundo: os europeos levan a súa civilización ( idioma, cultura, costumes, relixión … ) a amplos territorios antes descoñecidos. Isto conleva a desaparición das culturas tradicionais dos pobos indíxenas, así como a disminución da súa poboación debido ás guerras e a novas enfermidades que os europeos levaron ás novas terras ( a gripe, p.ex., diezmou a boa parte da poboación das illas caribeñas en poucos anos ).
-
Época de prosperidade económica para Europa : desenvolvemento comercial e artesanal debido aos intercambios entre Europa e América. De alí traían sobre todo metais preciosos ( ouro e prata ) e Europa exportaba produtos manufacturados ( artesanais ). Unha boa cantidade de produtos agrícolas americanos eran descoñecidos para nós: pataca, millo, cacao, tabaco, tomate, pemento e cacahuete, entre outros.
O comercio con América era un monopolio da Coroa de Castela a través da chamada Casa de, que só usaba o porto de Sevilla coma porta de entrada dos produtos americanos ( Pensa o porqué: a Coroa quedábase coa quinta parte de todo, incluidos os cargamentos de ouro e prata )
-
Mistura de razas: euopeos, indíxenas e negros traidos de África como man escrava
Imaxe da conquista e explotación dos indíxenas que o frai Bartolomé de las Casas describe en 1552 no seu libro “ Brevísima relación de la destrucción de las Indias “:
“La causa por que han muerto y destruído tantas y tales e tan infinito número de ánimas los cristianos ha sido solamente por tener por su fin último el oro y henchirse de riquezas en muy breves días ( … ) por ser aquellas tierras tan felices e tan ricas, e las gentes tan humildes, tan pacientes y tan fáciles a sujetarlas; a las cuales no han tenido más respecto ni dellas han hecho más cuenta ni estima(…)no digo que de bestias (porque pluguiera a Dios que como a bestias las hubieran tractado y estimado), pero como y menos que estiércol de las plazas.(…)”
5. DESCUBREMENTOS XEOGRÁFICOS
Os descubrementos xeográficos de finais do S XVI e, sobre todo do S XVI, non serían posibles se non se xuntaran unha serie de causas:
◦ Búsqueda de novas rutas cara Oriente (comercio de especias – pementa, canela, azafrán … – e produtos de luxo como a seda da India e China ) ¿Por que ? En 1453 os turcos otomanos toman Constantinopla: pechan a ruta cara Asia. Só quedan dúas solucións: rodear África ( o que fan os portugueses ) ou cruzar o Atlántico ( Cristóbal Colón descubre América )
◦ A idea de que a Terra era esférica ( “redonda” ).
◦ Avances técnicos: cartografía, instrumentos de navegación ( brúxula, astrolabio, cadrante ), novos barcos máis veloces e con maior capacidade de carga ( exemplo: carabela, nao ). A navegación pasa a ser de cabotaxe ( coa costa sempre á vista ) a ser de altura grazas a estes avances.
◦ O afán de riquezas da burguesía leva a buscar produtos noutros terras.
As viaxes e descubrementos mías importantes son realizados por Portugal e Castela:
-
Portugueses: buscan a nova ruta cara as Indias ( Asia ) bordeando África. Internáronse no Atlántico descubrindo as illas Azores e as Madeira, para logo costear África. En 1488 Bartolomé Días chega ao cabo de Boas Esperanza e no 1498 Vasco de Gama chega ás Indias Orientais
-
Casteláns: buscan esa nova ruta navegando cara ao oeste, cruzando o O. Atlántico, o que levou a Cristóbal Colón a descubrir América, e máis tarde a primeira circumnavegación ( volta ) do mundo ( Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcano entre 1519 e 1522 )
4. REFORMA E CONTRARREFORMA
O Humanismo propón un novo xeito de relixiosidade. Erasmo de Rotterdam, desde os seus estudios sobre a Biblia e co espíritu crítico do Humanismo, fai unha censura da igrexa católica, sobre todo da corrupción e os aspectos exteriores da relixiosidade medieval. Aspectos coma a simonía ( venda de cargos eclesiásticos ), nepotismo (favoritismo polos familiares para ocupar eses cargos ) ou o nicolaísmo ( matrimonio ou amancebamento dos cregos) foron moi criticados. Avoga por unha reforma da Igrexa católica, pero sen ruptura.
En 1517, Martiño Lutero, un monxe alemán, rechaza ( Protesta, de aí o nome de protestantes que se lle dá os seguidores de Lutero ) duramente a venta de indulxencias ( perdón dos pecados ), o luxo e riqueza que rodeaba ao clero, e o poder político do Papa. Propón unha reforma da Igrexa católica. Publica as 95 teses, entre as que resaltan:
A salvación pola fe, non polas obras
Relación directa con Deus: lectura individual da Biblia e relixiosidade interior.
Negación da autoridade papal.
Só hai 2 sacramentos: bautismo e eucaristía
Esta proposta de reforma ten 3 consecuencias:
-
A ruptura da Igrexa cristiá católica europea: Norte Protestante, Sur Católico. Á reforma luterana seguiulle a Calvinista ( de Jean Calvino ) e a Anglicana ( o rei Inglés negou obediencia ao Papa ao negarse este a concederlle o divorcio da súa muller Catalina de Aragón )
-
Guerras de relixión
-
Contrarreforma Católica: o Papa pon en marcha unha Contrarreforma convocando o Concilio de Trento, para evitar a extensión do protestantismo e reformar a igrexa católica. As conclusións máis importantes son:
• Reafirmar a autoridade do Papa
• Conséguese a salvación non só pola fe, senon tamén polas obras.
• A lectura e explicación da Biblia debe estar a cargo dos sacerdotes.
• Propón unha maior austeridade e formación do clero.
Feito salientable foi a fundación da Compañía de Xesús ( por San Ignacio de Loyola en 1540 ), cuxos compoñente facían xuramento de obediencia ao Papa e se adicaron a predicar a doutrina católica da Contrarreforma ( usando a educación: colexios dos xesuítas ).
3. RENACEMENTO E HUMANISMO

A escola de Atenas ( pintura de Rafael) amosa claramente o interés dos humanistas pola antigüedade clásica ( Imaxe Wikipedia )
O Renacemento é un movemento cultural, artístico e científico que se iniciou na Italia do S XV e se espallou por Europa no S XVI, baseado na nova visión que o Humanismo ten do home e do mundo:
-
Botan a mirada á antigüidade clásica: Grecia e Roma son tomadas coma modelo.
-
Cando falabamos de Grecia deciamos:
O home é a medida de todas as cousas “, decía o filósofo Protágoras na Grecia do S V a.C. Esta frase fainos ver a importancia do humanismo que está marcado a lume na cultura e civilizacións gregas e que vai chegar ata os nosos tempo. Os ideais de proporción, equilibrio, harmonía, beleza nacen aquí, na Hélade, hai máis de 2.500 anos.
Si durante a Idade Media, Deus era o centro da vida, da arte, do pensamento ( teocentrismo ), no S XVI os humanistas poñen ao home coma “ medida de todas as cousas “ ( antropocentrismo ):
-
O invento da imprenta por Gütenberg ( a mediados do S XV imprímese o primeiro libro, a Biblia ) facilitou a divulgación por toda Europa das ideas humanistas , a maioría das veces en linguas “vulgares” ( de procedencia latina: galego, castelán, catalán, francés, italiano, …)
-
O home achégase á natureza a través da experimentación e o sentido crítico, intentando comprendela e explicala: nace a ciencia moderna. Copérnico (1473-1543) formulou a teoría heliocéntrica: por primeira vez se establecía que era o Sol, e non a Terra, o centro do Universo. Esta teoría foi apoiada experimentalmente por Galileo (1564-1642) e as súas observacións co telescopio: a terra móvese arredor do Sol e non ao contraio; foi xuzgado pola Inquisición por isto e tivo que abxurar da súa teoría, ainda que despois do xuizo dixo: “ E sen embargo móvese “. Kepler (1571-1630) formulou as leis do movemento dos planetas arredor do Sol. Outro exemplo de ciencia moderna é o aragonés Miguel Servet, que destacou polo seus estudios sobre a circulación sanguínea.
-
Entre Humanistas coma Lorenzo Valla, Nicolás Maquiavelo, Xoán Luis Vives ou Tomás Moro, destaca Erasmo de Rotterdam . Quizáis se tivéramos que escoller a unha figura que representase o espírito humanismta e renacentista, esa sería Leonardo Da Vinci: artista, inventor, matemático, científico, músico, enxenieiro …

Leonardo da Vinci (exemplo claro de humanista e renacentista) e o seu debuxo O home de Vitruvio ( o home coma “medida de todas as cousas “)
2. FORMACIÓN DO ESTADO MODERNO: A MONARQUÍA AUTORITARIA
Xa sabemos que nos últimos tempos da Idade Media, as monarquías intentan fortalecer o seu poder a costa da nobreza e do clero. Realmente intentan acabar coa perda de poder que supoñía o sistema feudal. ¿Cales foron as súas armas para adacar este obxectivo? En resume:
-
• Exército: Formar un exército real forte: é a fin dos exércitos señoriais
-
• Burocracia: Crear unha administración con funcionarios que seguían as ordes do monarca.
-
• Unifican o territorio da coroa.
-
• Someten á nobreza que non apoia ao monarca e limitan o poder dos concellos burgueses.
-
• Diplomacia: Relaciónanse política e economicamenmte cos outros países a través da diplomacia ( embaixadores )
-
• Aumentan os impostos que poidan financiar á monarquía.






















