Arquivo por meses: Abril 2012
SOLUCIÓNS AO TEST DA CAPACIDADE CRANEAL
1.-Resposta correcta:
a.Os dentes que se lle caeran durante a súa vida; un brazo arrancado,un can morto, cordas para atar os brazos e as pernas.
2.-Resposta correcta:
b. Excrementos fósiles de bebé, que os adultoa botaban ao lume e así se cocían e endurecían, consevándose para que os arqueólogos os examinaran.
3.-Resposta correcta:
c. Sangue . Mezclando os pigmentos pulverizados con sangue a pintura deslizábase más fácilmente sobre as paredes. Probablemente tamén mezclaba as pinturas con graxa.
4.-Resposta correcta:
b. Musgo. Atopuse un home primitivo conservado no xeo que levaba musgo nunha bolsa tecida con herbas, que lle servía coma papel hixiénico.
5.-Resposta correcta:
c. Un home rico ( e moi namorado) que o quería para regalarllo á súa muller. Cecil Chubb comprou o monumento para regalarllo á señora Chubb. En 1918 donaron o monumento ao gobernó británico.
6.-Resposta correcta:
c. Conxelándoas ( aínda que non tiñan frigoríficos nin luz eléctrica, ¡ que liiiistoooos!). A cultura de Tihuanaco en Bolivia vivía en lugares tan altos dos Andes que a temperatura podía baixar a -20ºC pola noite. Salpicaban as súas patacas con auga e as deixaban á intemperie pola noite para que se conxelaran e conservaran.
7.-Resposta correcta:
c. Nunha tenda china en 1899. En China criase que os dentes de dragón tiñan poderes máxicos. Así, mercábanse dentes fósiles que se moían e convertían en polvo. Daquela pebsouse que era humano, ainda que hoxe en día dubídase e crese que é dun simio.
8.-Resposta correcta:
a.Cepillar os dentes. O esqueleto dun hxove paleolítico amosaba sinais de terse cepillado os dentes son regularidade.
9.-Resposta correcta:
a.Os homes paleolíticos norteamericanos. Sábese que utilizaban unha especie de bumerán no 12.000 a.C., ainda que non regresaban ao mesmo sitio.
10.-Resposta correcta:
a.Botando “petardos “ a unha fogueira. Hai uns 25.000 anos, os homes paleolíticos facían figuras de cerámica em`papadas en auga que estalaban ao botalas á fogueira.
11.-Resposta correcta:
c. Tirábanlle flechas ós cadáveres. Ocurría en Suecia, ainda que non se sabe o motivo.
12.-Resposta correcta:
b. Facendo un burato na cabeza. A maioría dos pacientes morrían , pero algún sobrevivían. Atopouse un cráneo con 7 buratos o que quere decir que sobreviviu a 7 operacións ( sábese porque o óso seguiu a crecer). Crían que deste xeito os demos saían do interior da cabeza.
13.-Resposta correcta:
b. Porque cando atoparon os restos soaba unha canción dos Beatles: Lucy in the sky with diamonds.
14.-Resposta correcta:
b. … o tamaño do cráneo era tan grande coma o do ciclista 5 veces campeón do Tour de Francia Miguel Induráin.
15.-Resposta correcta:
b. Un cocido galego nunha cunca.
O DESPIADADO TEST DA CAPACIDADE CRANEAL
PROBA DA CAPACIDADE CRANEAL ( ¡¡¡ DA TÚA !!! )
Ó mellor, pode ser que o teu profe pareza un Home de Neanderthal ( aínda que o disimule ó afeitarse a barba ) ou quizáis un Australopithecus boisei ( daqueles que decían que podían partir unha noz coa mandíbula ). Pero seguro que non o é, porque esas especies xa están extinguidas e – ¿ por desgracia ?– os profes aínda non.
Pero si podes poñer a proba a túa capacidade craneal ( en teoría duns 1.600 cm3 ) e tamén a dos teus pais, co seguinte despiadado test. :
1. ¿Cal destes grupo de obxectos é o que verdadeiramente se podía atopar nunha tumba dun home ou muller prehistóricos ?
A. Os dentes que se lle caeran durante a súa vida; un brazo arrancado,un can morto, cordas para atar os brazos e as pernas.
B. Flores, caracolas, un gato vivo ( ….. bueno xa morto, pero cando o enterraron estaba vivo).
C. Alimentos , un bebé morto e un reproductor de mp3 sen pilas.
Ler o resto desta entrada
4. A REVOLUCIÓN NEOLÍTICA
O Neolítico é unha etapa cálida que permitiu o desenvolvemento da agricultura.Hai uns 10 mil anos terminou a última glaciación: a temperatura do planeta ascendeu e os xeos quedaron reducidos aos casquetes polares. Este cambio climático vai provocar un cambio tamén nas formas de vida da humanidade.
A este cambio chamámoslle revolución neolítica, xa que se vai pasar dunha economía depredadora ( durante o Paleolítico ) a unha economía produtora baseada na agricultura e na gandería. O home pasou a ser produtor de alimentos.
¿Cales van ser os cambios que se van producir?
-
Cambio climático: período máis cálido.
-
Cambio na forma de produción.
-
O home vai ter unha economía produtora baseada na agricultura ( sobre todo de cereais ) e na gandería ( ovellas, porcos, vacas, … para producir carne e leite fundamentalmente ).
-
División do traballo: agricultores, gandeiros, artesáns …
-
Hai excedente, é decir, prodúcese máis do que os grupos humanos poden consumir. Nace así o comercio, pero tamén as diferenzas sociais: os que máis teñen, os que mandan …
Cambio nos utensilios e ferramentas:
-
Pedra puída, con utensilios máis eficaces dirixidos non só á caza senon sobre todo á agricultura ( fouces, sachos, muíños de man ….)
-
Aparece a cerámica, válida para transportar e almacenar os produtos agrícolas. Un exemplo témolo na Pen. Ibérica coa cerámica cardial, decorada con cunchas mariñas.
-
Técense roupas a base de lá, liño …
-
-
Cambio na forma de vida:
-
Os grupos humanos crecen. Xa non son aqueles pequenos grupos de cazadores – recolledores que vagaban dun lado para outro na busca de alimento. Agora hai maís alimento e de mellor calidade: a poboación aumenta de xeito espectacular.
-
Os grupos humanos fanse sedentarios, é decir, viven de xeito permanente nun lugar. As vivendas fanse máis sólidas ( cabanas feitas co adobe, p.ex. ) Nacen así os poboados, aldeas e, maís tarde,as cidades.
-
Ás veces, os poboados e cidades necesitan de fortificacións defensivas para a defensa das riquezas e dos excedentes da economía produtora.
-
-
¿Onde se produciron estes cambios? Catro son os lugares:
-
O Crecente Fértil: zona que vai desde o val do Nilo ( Exipto ) ata o territorio denominado Mesopotamia ( ríos Tigris e Éufrates no actual Iraq ). Aquí será onde se desenvolverán grandes civilizacións na Idade Antiga ( o Exipto do faraóns, babilonia, Asiria, o Imperio Hitita, o Imperio Persa ….)
-
India: nos vales do Indo e o Ganxes.
-
China: val do río Amarelo ( Huang He )
-
América: lugares de América Central e Andes
-
3. O PALEOLÍTICO: CAZADORES – RECOLLEDORES
O último millóns de anos foi un periodo frío. De aí o nome que recibe esta etapa de “Idade do Xeo”. A historia dos homínidos e dos primeros seres humanos desenvolveuse entre cambios climáticos : as glaciacións.,que tiñan fases frías (glaciares: Enormes masas de xeo de ata máis de mil metros, chegaron a cubrir media Europa) e outras máis cálidas (interglaciares: fundiase parte do xeo, aumentaban as chuvias, elevándonse o nivel das aguas mariñas). Hai unha clave que explica que o ser humano fora quen de adaptarse a diferentes cambios climáticos cos correspondentes cambios na paisaxe e na fauna: a súa intelixencia e a súa capacidade para elaborar ferramentas útiles para a supervivencia.
-
¿Cómo conseguían os alimentos? Tiñan unha economía depredadora: non producían , senon que simplemente conseguían o alimento cazando ( cervos, mamuts, bisontes, … ) , pescando e recollendo froitos silvestres que atopaban na natureza. Polo tanto si querían sobrevivir tiñan á forza que ser bos coñecedores do medio natural e non romper o equilibrio ecolóxico. Por exemplo, non cazaban femias preñadas ou crías, só cazaban o necesario para alimentar ao grupo,…
-
¿Qué utensilios utilizaban? É a idade da pedra tallada. Os homínidos paleolíticos foron quen de fabricar ferramentas de pedra. Tallaban un núcleo de pedra grande e, a base de golpes son outra pedra, fabricaban bifaces, instrumentos cortantes, puntas de fecha, …. Tamén usaban a madeira ( para facer lanzas, p.ex.) ou ósos ( facían agullas, arpóns, …). Está claro que o paleolítico abrangue un período moi longo de tempo e os utensilios vanse ir perfeccionando ( no apartado da evolución humana vimos ata 4 modos distintos de ferramentas )
Un elemento fundamental na vida do home paleolítico foi o lume. É quen de usalo desde hai máis dun millón de anos, ainda que non foi capaz de facelo ata hai uns 300.000 anos. Con el obtén luz e calor, cociña os alimentos, é un arma contra os animais salvaxes, ….
-
¿Cómo eran as súas vivendas? As súas actividades ( caza, pesca, recolleita ) dependían en gran medida da cantidade de froitos que había nunha zona ou mesmo dos movementos migratorios dos animais. Polo tanto, tiñan que ser nómades, é decir, debían trasaladarse dun lugar a outro na busca de alimento, xa porque tiñan que seguir aos rabaños ou porque se esgotaran os froitos silvestres. Isto facía que os grupos non foran moi numerosos, non moito máis alá de grupos de 30-40 persoas.
As súas vivendas eran de dous tipos. Utilizaban covas nas que vivían durante un tempo non moi longo( p.ex. para pasar o inverno ) ou chozas que se podían montar e desmontar fácil e rapidamente.

Recreación da vida na Cova de Eirós ( Lugo )
-
¿Tiñan algún tipo de crenzas? Pénsase, sobre todo estudando a grupos de primitivos actuais, que as súas crenzas estaban baseadas nas forzas naturais e nos ciclos vitais da natureza. En relacióna isto, xa tiñan rituais funerarios: enterraban aos seus mortos xunto a alimentos, ferramentas de pedra e obxectos diversos.
-
¿ Tiñan manifestacións artísticas? Pénsase que en relación as súas crenzas relixiosas, os homes e mulleres do Paleolítico tiñan dous tipos de manifestacións artísticas:
-
Obxectos de ósos ou marfil. Pequenas figuras de mulleres ( chamadas Venus pola súa relación coa fecundidade ), colares, bastóns de mando, …
-
Pintura rupestre. Nas paredes das covas ( pero posiblemente tamén noutros lugares ) representaban escenas de caza. Na Península Ibérica temos magníficos exemplos de pintura rupestre:
-
Costa cantábrica: pinturas moi realistas de animais como as da Cova de Altamira en Cantabria.
-
Costa levantina: representan tamén a figuras humanas e as figuras son máis esquemáticas, xeralmente en cor negra.
-
-
2. AS ETAPAS DA PREHISTORIA
1. A EVOLUCIÓN HUMANA: O PROCESO DE HOMINIZACIÓN
Pertencemos ao grupo dos primates. Polo tanto ao grupo dos monos …. Pero iso non significa que veñamos do mono. ¡Nooon! Nós non vimos do mono, senon que evolucionamos a partir de especies xa desaparecidas. Separámonos da liña evolutiva dos chimpancés hai entre 4,5 e 7 millóns da anos (m.a.). O primeiro homínido como tal é o Ardipithecus Ramidus, ao que corresponde coa imaxe ( unha femia ) se premes no seu nome: mírate nela e busca semellanzas e diferenzas contigo mesmo.
Nese proceso evolutivo o ser humano acadou unha serie de sinais de identidade, os rasgos que distinguen á nosa especie e que xuntos nos levan á máis importante – a intelixencia – son:
-
Un modo de camiñar bípedo. Camiñar erguidos fai que gastemos menos enerxía, que teñamos máis resistencia en distancias longas, que recibamos menos radiación solar, que teñamos máis campo de visión e que podamos transportan cousas coas más e brazos ( armas, alimento, crías, …)
-
Cerebro moi desenvolvido en volume
-
Capacidade para fabricar instrumentos e facer uso do lume.
-
Unha linguaxe articulada
-
Unha infancia prolongada, que supón un longo período de aprendizaxe
Fagamos unha pequena viaxe a través da evolución humana. Só falaremos das especies maís significativas pero debes saber que hai algunha máis e moitos fósiles humanos que fan difícil o estudio da evolución dos homínidos. Aquí tes algúns:
Si queres ver os principais restos de homínidos preme aquí:
Principais fósiles de homínidos
Os primeiros antepasados do home apareceron en África hai uns 4,4 m.a. ( Ardipithecus ramidus ) e vivían de xeito parecido a como o fan hoxe en día os chimpancés.
AUSTRALOPITHECUS
Pouco despois apareceu unha nova especie de homínidos que viviu entre hai 4 e 2 m.a.: o Australopithecus ( que significa mono do sur ),que xa andaba erguido e vivía en lugares máis abertos que a selva: na sabana e pequenos bosques. Medía entre 1 e 1,35 m, chegando a pesar 45 kg e cunha capacidade craneal de 450 cm3. Exemplares famosos desta especie son o Neno de Taung e Lucy.
HOMO HABILIS
Hai uns 2 m.a. apareceu o Homo Habilis. Medía entre 1,20 e 1,50 m e tiña unha capacidade craneal de 700 cm3. O homo Habilis comenzou a consumir carne e necesitaba cortar a grosa pel dos animias, a súa carne, os seus tendóns e romper os seus ósos. Así, fabricou sinxelas ferramentas de pedra tallada a base de golpes.

HOMO ERECTUS
Máis tarde, hai un 1,5 m.a. viviu o Homo Erectus, máis robusto ( 1,70 m ) e con máis volume cerebral ( 900 cm3) mellorou a talla desas ferramentas e comenzou a usar o lume.
Industria Modo 2 ou Achelense
E chegou o momento en que o Homo saiu de África hai máis dun millón de anos rumbo Asia primeiro e Europa despois. De feito, un dos restos fósiles dun homínido máis antigos atopado en Europa foi os do Homo Antecessor ( uns 800.000 anos ), no xacemento de Atapuerca ( Burgos ). En Galicia non contamos con fósiles humanos tan antigos. Quizáis o de máis idade son os atopados na Cova de Eirós ( Triacastela – Lugo ), que teñen uns oito ou nove mil anos. Según as ferramentas de pedra tallada que apareceron, a presenza humana en Galicia pode remontarse a máis de 500.000 anos.

NEANDERTHAL
Os Neanderthais existiron en Europa hai uns 230.000 anos, sendo posiblemente unha especie humana autóctona. Usaban o lume e enterraban aos seus mortos.
“Os neandertais non eran os seres brutais e simiescos, incapaces de camiñar ergueitos, que gran parte do público supón. Eran fortes e á vez hábiles recolectores de produtos vexetais, cazadores e carroñeiros. Dispoñían dunha ampla variedade de útiles de pedra moi refinados. Usaban o lume sistemáticamente, coidaban dos seus anciáns e impedidos, e enterraban aos seus mortos. (…) Os neandertais non eran moi altos, cun promedio de estatura masculino en torno a 170 cm e un promedio feminino arredor de 160 cm. Sin embargo, a súa complexión física era extraordinariamente robusta.(…) En promedio os neandertais pesaban 70 kg, mentras que a media da nosa especie sitúase en torno aos 58 kg (un 24% menos). (…)Os neandertais non tiñan un cerebro menor que o noso, sinon máis voluminoso; o seu promedio era duns 1.500 cc, mentras que na actualidad a media calculada entre todas as poboacións rondará os 1.350 cc” ( Arsuaga,J.L.,e Martínez I. : A especie elexida )
Os humanos modernos ( Homo Sapiens )teñen a súa orixe en África hai entre 300.000 e 100.000 años. A partir deste berce africano, a nosa especie expandiuse polo resto de Europa e reemplazou a Neandertais e Homo erectus. De feito neanderthais e Homo sapiens “conviviron” durante uns 10.000 anos.
Aparecerá a arte en forma de figuras de animais e persoas, e de pinturas e grabados rupestres, xunto cunha nova técnica de tallado e elaboración de útiles:








































