1º Elemento do clima: A temperatura

A TEMPERATURA

A temperatura é o nivel de enerxía que presenta a atmosfera,segundo a cal podemos dicir que vai frío ou calor.

A temperatura é o elemento meteorolóxico principal, porque dela dependen as precipitacións e os ventos.

 Medimos a temperatura cun aparello chamado TERMÓMETRO, que a mide en graos centígrados. Cos termómetros actuais podemos tomar medidas de temperatura cada poucos minutos. Pero en meteoroloxía e climatoloxía interesan moito máis o uso da temperaturas medias (TM), que se calcula facendo unha media entre a temperatura máxima e a temperatura mínima.

As medias máis usadas son:

 - TM diaria: suma da T máx. e mín. do día, dividido por 2.

- TM mensual: suma das TM de cada día dividido polo nº de días do mes.

- TM anual: suma das TM de cada mes dividido por 12.

Un aspecto moi importante na temperatura é ter en conta a oscilación ou amplitude térmica ( AT): Diferenza entre a temperatura máxima e mínima diaria, mensual ou anual.

A.T.= -15ºC – 35ºC= 50ºC

Tendo en conta este dato, vamos poder concluír se o clima do lugar é suave (se por exemplo, a AT entre o mes máis caloroso e o máis frío é pequena p.ex: 10 ºC) ou extremo (se por exemplo, AT anual é grande,por exemplo: 25ºC).

Preme nas imaxes

About these ads

Publicado o 12 de Febreiro de 2012, en 1º ESO, xeografía coas etiquetas , , . Marcar a ligazón permanente. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: