Arquivo por días: 22 de Outubro de 2011

4. Os axentes externos: O Modelado do relevo.

As forzas ou axentes externos modelan o relevo,  através do cilco da erosión:

 ♦  Erosionan ,é decir,  desgastan o relevo

♦  Transportan, é decir, moven  os materiais erosionados.

♦  Sedimentan , é decir,  acumulan eses materiais en certas áreas

Fonte: Kalipedia

Esas forzas ou axentes externos son:

  •  A atmosfera: mediante

    •  cambios de temperatura

    •  o vento

  •  A auga: tanto en estado líquido ( mares, ríos, …) coma sólido ( glaciares )

  • Seres vivos: vexetación, animais e o ser humano

3. Os axentes internos: A formación do relevo.

A litosfera. As placas tectónicas.A deriva continental

As Placas tectónicas ou litosféricas :) son fragmentos  da litosfera :) :

Desprázanse a razón de 2 a 20 cm por ano, debido a que “flotan” sobre as correntes de convección que existen na parte superior do manto ( na astenosfera). A isto chamamos Deriva continental :)   , teoría que di que os continentes non sempre estiveron separados, senon que proveñen do orixinario Panxea ( que significa “ toda a terra “). Fíxate:

 As placas teñen diversos comportamentos:

  • Unhas placas chocan entre sí .  ← Cando isto ocorre, unha das placas introdúcese baixo a outra ( subducción ), levantándose o borde desta e formando cadeas montañosas ( Himalaia, Andes, Alpes,… )

  • Outras placas, sepáranse . →Soe ocorrer baixo os fondos oceánicos, formando as dorsais grazas á saída continua de magma do interior da Terra.

  • Outras móvense lonxitudinalmemnte, deslízanse unha con respecto á outra. D Estas producen enormes fallas, roturas da corteza terrestre, como a de San Andrés en Norteamérica.

Os movementos das placas litosféricas provocan sismos ( terremotos ) :)   ,Tsunamis :)   e volcáns :) , sobre todo nos seus bordes.

E agora, divírtete vendo isto.

2. A estrutura interna da Terra.

Se cortaramos a esfera terrestre coma se fora unha laranxa, tería aproximadamente este aspecto no que distinguiriamos as seguintes partes:

Pensa sobre a imaxe: ¿Onde hai máis temperatura: na parte máis interior ou na máis externa?¿Que consecuencia pensas que terá isto sobre as rochas? :)

A nós interésanos sobre todo as partes superiores: o manto superior e a codia. Entre estas dúas sitúase a litosfera (do grego  litos, “pedra”  e “sphaira, “esfera”), que xunto a hidrosfera ( do grego “hidros”, auga ) e a atmosfera ( do grego”atmos”, aire ) forman a biosfera ( do grego “bios”, vida ). :)

A litosfera “flota” sobre a astenosfera, constituida por material fluido a altas temperaturas que se move en movementos de convección :

Agora veremos como a litosfera se “rompe” en diferentes fragmentos ( placas tectónicas )que se moven sen cesar ( deriva continental ) formando o relevo ( oroxénese), sismos ( terremotos ) e volcáns.

1.Que é o relevo?

O relevo é todo o conxunto de formas na superficie terrestre que  se foron formando ao longo de millóns de anos ( centos de millóns, incluso miles de millóns: ¿sabes cantos anos ten a Terra? :) .

Debes pensar que a superificie terrestre está tanto baixo os océanos coma nos continentes e illas.

Estamos acostumados a ver o planeta Terra deste xeito …

Fonte: Wikimedia

Pero se lle quitamos a auga dos océanos, veremos isto, é decir, que baixo as augas tamén hai formas do relevo ( fosas, cordais, chairas,….) :

World Ocean Floor Map by Bruce C. Heezen and Marie Tharp

O relevo e todas as súas formas son o resultado da acción de dúas forzas:

  1. As forzas internas da Terra: aquelas que xorden do interior do noso planeta e forman o relevo.

  2. As forzas externas:aquelas que actúan na súa superficie e modificación o relevo, dándolle novas formas.

Podes ver un resume gráfico en: Orixe do relevo


Actividades interactivas Tema 1

Podemos dar unha volta de repaso ao tema a través dunha serie de actividades intercativas.

Localiza os continentes e os océanos

Encrucillado

Completa:  as liñas imaxinarias

Lozaliza as liñas imaxinarias e os puntos cardinais

Relaciona: liñas imaxinarias

Localiza as coordenadas xeográficas de diferentes puntos

Escribe as coordenadas xeográficas dos puntos marcados nun mapa

Relaciona: movementos da Terra

Un repaso ao tema en imaxes … e texto

Test nº 1

Tests nº 2

Tests nº 3