Arquivo por días: 13 de Xullo de 2011
Conflitos armados no mundo
CONFLICTOS ARMADOS NO MUNDO
INTRODUCCIÓN.
Non habería mellor antesala que oir unha canción que se convertiu nun himno mundial da paz: Imagine , de John Lennon.
Se eu quero, se te queres, se todos e cada un de nós queremos, a paz non é un soño.
¿ Ti queres?
Imagine Imaxina
Imagine there’s no heaven Imaxina que non hai ceo
It’s easy if you try É fácil se o intentas
No hell below us Sen inferno debaixo de nós
Above us only sky Sobre nós só ceo
Imagine all the people Imaxina toda a xente
Living for today… vivindo o hoxe…
Imagine there’s no countries Imaxina que non hai países
It isn’t hard to do Non é difícil facelo
Nothing to kill or die for Nada polo que matar ou morrer
And no religion too E tampouco relixión
Imagine all the people Imaxina a toda a xente
Living life in peace… Vivindo a vida en paz…
You may say I’m a dreamer Podes decir quer son un soñador
But I’m not the only one Pero non son o único
I hope someday you’ll join us Espero que algún día te unas a nós
And the world will be as one E a omundo será coma un
Imagine no possessions Imaxina que non hai posesións
I wonder if you can Pregúntome se podes
No need for greed or hunger Sen necesidade de gula ou fame
A brotherhood of man Unha irmandade de homes
Imagine all the people Imaxina toda a xente
Sharing all the world… compartindo o mundo…
You may say I’m a dreamer Podes decir que son un soñador
But I’m not the only one Pero non son o único
I hope someday you’ll join us Espero que algún día te unas a nós
And the world will live as one E o mundo vivirá coma un
Pero, por desgracia, a paz segue a ser iso, un soño.
Abrimos os xornais, encendemos a tv, escoitamos a radio, …. É difícil non atopar noticias de países lonxanos: Congo, Palestina, Afganitán, Irak, Chechenia, Colombia, …. E non son novas precisamente de tipo exótico ( belezas naturais que impresionan, costumes incribles, cidades extraordinarias,…), senon nada agradables, ainda que cotidianas no que a el@s respecta: atentados, bombardeos, campos de refuxiados, nenos soldados, violacións dos dereitos humanos,…. morte ! É a guerra, unha morea de conflictos armados espallados por todo o mundo.
E a maioría deles esquecidos, fora das portadas. Non sabemos nen sequera onde están lugares como Darfur, Kabul, Basora, Cachemira, Kinshasa, …
Esta é a misión que vos propoño: investigar , buscar información e extraer unhas claras conclusións sobre o estado da guerra (¿da paz?) no mundo, cales son as causas ( ¡¿por qué?!) e as consecuencias ( ¡¿como pode ser que hoxe en día pasen cousas coma estas ?!)
Deste xeito, e como human@s con conciencia ( ¿tamén concienciados?) que somos, seremos capaces de reflexionar sobre este grave problema que está a afectar a millóns de seres humanos.
¿Comenzamos?
TAREFA.
Xa coñecemos a revista dixital “Penso,…logo actúo”. Neste caso, proponse confeccionar un monográfico sobre os conflictos armados no mundo do S XXI, co fin de dar a coñecer as guerras que por unhas ou outras razóns, están esquecidas. Trata de concienciar ‘@s lector@s de:
Orixe e causas dos conflictos: o por que.
- Resumo da evolución e estado actual de cada conflcito.
- Consecuencias e datos básicos sobre os mesmos.
Cada grupo de traballo estará formado por un equipo de 5 persoas:
1.- Xornalista coordenador do equipo. Responsabilidade: coordinar o traballo de todo o equipo e busqueda de noticias que actualicen o estado dos conflictos.
2.- Experto en política internacional. Responsabilidade: informará sobre as partes en conflicto e as súas relaicons coa comunidade internacional ( ONU; Unión Europea, EE.UU., … ), poñémndoo en relación coas posibles solucións.
3.- Experto en economía. Responsabilidade: explicar a base económica das guerras, coma p.ex. a xplotación dos recursos naturais e a súa relación coa economía internacional ( exemplo : o Coltán no Congo e a industria informática e de telefonía móbil )
4.- Historiador. Responsabilidade: buscar a orixe histórica dos conflictos (P.ex: colonialismo e descolonización ) para atopar solucións.
5.- Membro dunha ONG internacional. Responsabilidade: tratar os aspectos humanitarios, de dereitos humanos, situación dos refuxiados, …. e poñelos en relación co conflicto e a súa solución.
O obxectivo principal é realizar unha reportaxe ( que se expoñerá nun blogue que elaboraredes ) sobre os conflictos armados que hoxe en día están activos no mundo, reportaxe que constará de:
- Mapa mundi de todos os conflictos armados na actualidade.
- Texto escrito acompañado de imaxes, que explique en xeral as causas ( ¿porque? ) e lugares ( ¿ países, continentes ? ) dos conflictos armados ( 15 – 20 liñas ).
- Resumir 5 conflictos armados nunhas poucas liñas ( 20 mínimo; complementado cun cadro explicativo): orixes/causas/estado actual/consecuencias/ datos básicos.
- 2 Traballos multimedia – audiovisuais:
- Xeral: sobre os conflictos no mundo en xeral.
- Un conflicto concreto ( á parte dos 5 anteriores ), que logo se exporá nunha asemblea internacional cuxo obxectivo é buscar solucións.
PROCESO.
- Asignamos un rol coa súa responsabilidade a cada mebro do equipo de traballo.
- Cada membro traballará sobre a responsabilidade que lle tocou, sempre coordinado o traballo polo xornalista.
- Exame dos recursos que se nos presenta e extraemos a información necesaria en cada caso.
- Con ela elaboramos o traballo final: escrito e audiovisual
- Abrimos un blogue no que expoñeremos o resutado final.
- Exposición na “ asemblea internacional “ dun conflicto concreto que vós escolleredes polos motivos que vós creades convintes.
- Debate xeral da ” asemblea” que resumirá a súa postura nun documento final.
AVALIACIÓN.
RECURSOS.
Estes son unha serie de enlaces nos que poderedes atopar información xeral sobre os conflictos no mundo na actualidade.
De todos os xeitos, para buscar información máis concreta sobre algún en concreto, teredelo que facer nun buscador. P.ex.: “conflicto de Congo “ e aparece,p.ex., http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/international/newsid_7699000/7699479.stm
Recursos:
http://www.elmundo.es/documentos/2003/04/guerras_olvidadas/index.html
( Poperás atopar un resume claro de cada un dos conflictos por continentes.)
http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/specials/default.stm
Páxina da BBC onde podes atopar varios especiais sobre zonas en conflicto, refuxiados,… coma p.ex:
http://www.bbc.co.uk/spanish/specials/1115_guerras_olvida/
( Interesante para facerse con datos básicos das partes en conflicto)
http://www.bbc.co.uk/spanish/specials/1441_farc/index.shtml
( Sobre aas FARC e o conflicto en Colombia )
http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/international/newsid_6768000/6768831.stm
( Sobre Afganistán )
http://www.escolapau.org/img/programas/alerta/barometro/conflictos18.pdf
( Inform sobre o estado dos conflictos armados no mundo a setembro de 2008 )
http://www.consumer.es/web/es/solidaridad/proyectos_y_campanas/2006/09/21/155747.php
( Análise os conflictos armados no mundo, consecuencias, axudas,….)
http://www.20minutos.es/noticia/404456/mundo/guerras/activas/
http://www.20minutos.es/noticia/404815/0/hernan/zin/guerras/
http://www.20minutos.es/noticia/289490/0/guerras/africa/millones/
( Reportaxes sobre conflictos armados: causas, estado actual,… con enlaces para conseguir máis información )
http://elproyectomatriz.wordpress.com/?s=conflictos+armados
( Blogue onde podedes consultar varios artigos sobre conflictos armados, sobre todo un par deles sobre recursos naturais e conflictos armados )
http://www.guiadelmundo.org.uy/cd/
Guía que ofrece datos esenciais e información actualizada sobre 247 países do mundo.
Noticias sobre conflcitos aramados en prensa dixital. P.ex: http://www.todalaprensa.com/
CONCLUSIÓN.
Unha vez rematada esta pequena investigación, seguro que teremos nas nosas mans información suficiente para saber a situación da paz, e da guerra, e sobre todo como funciona o mundo a nivel político e económico, … que sexa difícil de comprender.
É o momento de poñer por escrito as conclusións persoais ( 20 liñas ), que poderiamos resumir na resposta ás seguintes cuestións :
¿Por que, para que, como mata o home? ¿ Ten solución ?
A enerxía que nos move… cara onde?
“A enerxía que nos move…cara onde?” é parte dun proxecto audiovisual que pon en colaboración ós departamentos de Historia e Naturais en torno ó tema medioambiental.
A Revolución Industrial foi un punto de inflexión do uso e consumo dos recursos enerxéticos que ten consecuencias sobre a sostibilidade do sistema. E este será o noso traballo: mostrar de xeito audiovisual a historia da enerxía, do seu uso e consumo, que supuxeron os cambios introducidos na época da revolcuión industrial, …..
A continuación poño á vosa disposición todo o material e axuda que considero necesarios. Só espero da vosa parte que poñades interés, gañas e esforzo. Con iso será dabondo para que todo saia ben.
( Preme enriba de cada título e obterás os documentos )
- Webquest: Esta é a proposta de traballo e investigación que vos propoño, onde atoparedes as tarefas, recursos ,…:A ENERXIA QUE NOS MOVE CARA ONDE
- Para que saibades os criterios de avaliación do traballo: Rubrica de avaliacion A enerxia que nos move
- Contidos básicos para a Entrevista os nosos maiores
- Materiais adicionais ( aparte dos recursos que vos propoño na proposta de traballo) que vos poden axudar á hora de buscar información. Non estaría de máis que fixerades unha lectura pausada e atenta de stes documentos, tomando notas e facendo esquemas de contidos e ideas para realizar o guión inicial de traballo:
- Estado de desorde dun sistema e a súa sostibilidade:Entropia
- Consumo de enerxia o longo da historia
- Cronoloxia da enerxia
- O home,a enerxia e a sua historia
- Enerxía na historia
- A enerxia na Prehistoria
- A enerxia na Antiguidade
- A enerxia na epoca medievall
- A enerxia na idade moderna
- A enerxIa a partir da revolucion industrial
- Enerxia e poboacion_Cara onde imos
- Historia da sostibilidade
- SARGADELOS.UN EXEMPLO DE CRISE ENERXETICA NO SXIX
Cambio climático. Manual de uso
WEBQUEST
O CAMBIO CLIMÁTICO : MANUAL DE USO
Arquivos para baixar:
Cambio climático: manual de uso.
Rubrica de avaliacion webquest CC MANUAL DE USO
INTRODUCCIÓN.
Está de moda.
Refírome ó cambio climático.
Na prensa, na tele , na radio , en internet, na escola,…. está presente en tódos os sitios, ata nas conversas da rúa,… ou do ascensor.
A iso de “ como está o tempo “, engadimos agora: “ … e o clima, … como está o clima !! “.
Está claro que a maioría da xente non sabe nada do tema, ¡ nen sequera distinguir entre tempo e clima, …. e van saber algo sobre efecto invernadoiro !.
Non é un tema fácil. Pero como vós xa tendes coñecementos básicos sobre el, poderiamos intentar explicalo de xeito sinxelo. Algo así como un manual de uso do cambio climático, onde explicariamos por que hai cambio climático, cales son as súas consecuencias, tamén as solucións, elaborariamos definicións do vocabulario relacionado co tema, …. todo do xeito máis claro e sinxelo posible… coma se llo tiveramos que explicar a un nen@ de 10 anos,
¿Parécevos?
TAREFA:
“ Penso,… logo actúo “ (pensologoactuo.wordpress.com ) é unha revista dixital que nace coa intención de facer un traballo de divulgación na rede, de moi diversos campos de coñecemento ( ciencia, tecnoloxías, historia, ecoloxía, literatura, mediciña, bioloxía, xeografía,….) e cuxo fin principal é concienciar á poboación na importancia de tomar parte activa fronte ós problemas do mundo actual: pobreza, inxustizas sociais, guerras, cambio climático, ecoloxía,….
Esta revista publica periodicamente números especiais sobre temas concretos. Neste, o tema é o cambio climático e o voso grupo de traballo encargarase dunha das partes deste especial: elaborar un “manual de uso “ do cambio climático, coma se llo tiveramos que explicarllo a un nen@ de 10 anos.
Formaremos equipos de traballo de 5 membros, cada un coa súa responsabilidade:
1.- Coordinador do equipo. Responsabilidade: ser o coordinador do traballo do equipo e velar pola claridade expositiva do traballo.
2.- Expert@ en climatoloxía e meteoroloxía. Responsabilidade: buscar e analizar a información sobre os aspectos que teñen que ver co clima e a meteoroloxía, así como de buscar unha definición clara e sinxela das palabras e expresións relacionadas co tema.
3.- Expert@ en ciencia. Responsabilidade: científic@ capaz de divulgar do xeito máis claro posible as causas ( os “porqués” ) do cambio climático.
4.- Experto@ en medio ambiente e ecoloxía. Responsabilidade: búsqueda e tratamento da información relacionada coas consecuencias medioambientais do cambio climático.
5.- Expert@ en busqueda de solucións ó cambio climático: Responabilidade: facer ver de forma clara e sinxela que podemos facer para frear o cambio climático. É vital o tema das fontes de enerxía, os avances tecnolóxicos, os medios de transporte, o consumo dos recursos naturais,…
Coma xa apuntamos anteriormente, a tarefa conxunta que debedes levar a cabo é a elaboración dunha reportaxe dentro do número especial da revista na que fagades un manual de uso do cambio climático:
§ Nome da reportaxe.
§ Traballo escrito: do xeito o máis sinxelo posible, usando un vocabulario comprensible pero sen renunciar a vocabulario cientifico, elaborar un sixelo manual de uso do cambio climático que teña como máximo unha extensión de 50 liñas ( letra Arial, tamaño 12 ). Neste texto tendes que falar de:
- Definición de cambio climático
- Causas.
- Consecuencias.
- Solucións.
§ Traballo multimedia: presentación,video,… onde mostredes o descrito no traballo escrito:
- 1.- Diccionario: Vocabulario básico do cambio climático coas palabras ou expresións máis comúns do tema.
- 2.- Manual de uso, no que expliquemos:
o Definición de cambio climático.
o as causas do cc ( efecto invernadoiro, emisións de CO2, deforestacións….)
o as súas consecuencias ( desxeo, subida do nivel do mar, sequías, desertización,…)
o as posibles solucións
§ O resultado do voso traballo exporase no revista dixital “Penso,…logo actúo” ( pensologoactuo.wordpress.com )
PROCESO:
1.- Torbellino de ideas para poñerlle un nome ó traballo.
2. Búsqueda de información seguindo a lista de recursos que vos presentamos.
3. Análise e resume da información que necesitades.A medida que vaiades atopando información deberedes ir tomando notas sobre os distintas apartados do traballo:
a. Que é o cambio climático
b. Por que hai cambo climático, que o produce.
c. Consecuencias do cambio climático
d. Solucións: ¿Qué podemos facer?
4. Facer unha lista de palabras e expresións relacionadas co cc.
5. Elaborar as definicións.
6. Facer un esquema da explicación do cc.
7. Elaborar o traballo escrito ( 50 liñas ) e multimedia.
8. Enviar os traballos á dirección de correo electrónico : xeografia3eso@gmail.com
AVALIACIÓN:
Ver rúbrica de avaliación.
RECURSOS:
http://www.climantica.org/meteo/gl/page/meteo?apartado=09
( apartado da páxina do Proxecto Climántica sobre cambio climático )
http://tv.climantica.org/canales/2
( Documental do proxecto Climántica: Cambio climático, o reto do S
XXI )
http://www.sosclima.org/origen-cambio-climatico
( sinxela explicación do cc)
http://www.greenpeace.org/espana/campaigns/energ-a
( páxina especial de Greenpeace sobre cambio climático )
http://ec.europa.eu/environment/climat/campaign/index_es.htm
( páxina da UE sobre cambio climático )
http://www.greenfacts.org/es/cambio-climatico-ie4/index.htm
( preguntas sobre o cambio climático)
Efecto invernadoiro e Emisions co2:
http://www.consumer.es/web/es/medio_ambiente/naturaleza/2004/08/26/140161.php
http://ingenieria.uaslp.mx/Recursos/Animaciones/efecto_invernadero.swf
Xogos:
http://www.guardianesdelclima.com/gc/Default.aspx
http://xogo.climantica.org/?locale=gl
CONCLUSIÓNS:
Co esforzo que vos vai supoñer este traballo de investigación, estou seguro que vós mesmos aprenderedes moitas cousas sobre o tema. Pero o importante do coñecemento non é só poseelo, senon con el tomar conciencia dos problemas do mundo no que vivimos e compartilo.
Por iso, é moi importante que o traballo sexa atractivo, que a presentacion visual sexa creativa, que a información que mostredes teña base científica, en definitiva que calqueira que vexa o voso traballo sexa quen de comprender o cambio climático e a súa importancia e dimensión.
Seguro que o conseguiredes.
NOTA: Cada membro do equipo terá que facer un pequeno texto no que expoña as conclusións máis importantes a nivel persoal, e envialo a xeografia3eso@gmail.com.





